I TORNEO DE SAN MARTIÑO
06/11/2026

I TORNEO DE SAN MARTIÑO

O pavillón Pablo Herbello converterase este fin de semana no epicentro do deporte local coa celebración do I Torneo de San Martiño de balonmán en categoría de veteranas. Cochainas, a agrupación de veteranas de balonmán de Bueu exerce como o equipo anfitrión deste torneo.


O torneo conta co destacado patrocinio e subvención da Deputación de Pontevedra, ademais do importante apoio do Concello e do tecido empresarial do municipio. Os partidos disputaranse ao longo de toda a xornada cos seguintes horarios oficiais:

11:30 Cochainas Bueu – Asmubal Meaño

12:00 Balonmán Chapela – UBF Pontevedra

12:30 Asmubal Meaño – A.D. Carballal

13:00 Cochainas Bueu – UBF Pontevedra

13:30 Balonmán Chapela – A.D. Carballal

15:15 Asmubal Meaño – UBF Pontevedra

15:45 Cochainas Bueu – A.D. Carballal

16:15 Balonmán Chapela – Asmubal Meaño

16:45 A.D. Carballal – UBF Pontevedra

17:15 Cochainas Bueu – Balonmán Chapela


Ás 17:45 horas porase o broche de ouro coa entrega de trofeos, doados por Joyería Estévez e Joyería Castro.


Ademais, grazas á implicación do comercio de Bueu, repartiranse un total de sete premios a través de varios sorteos:

Rifa para o público (4 premios): O asistente poderá gañar unha sesión de fotos (Raquel Fernández Digital Art), unha cesta de froita (Frutas Katuxa), unha masaxe (Iria Rivero, podóloga) ou un agasallo de Perfumería Castro.

Sorteo de balde entre as xogadoras (3 premios): Deseñado para o descanso e coidado das participantes, inclúe almofadas (Lirón Store), unha masaxe (Agarimo, estética e masaxes) e dous almorzos no Café Bar Alameda.


A organización quere agradecer tamén o apoio das firmas colaboradoras: Cafetería Jardín, Clínica Dental S&S, Noutrora Informática e Chiringo de Lagos.


Convídase a toda a veciñanza a encher as bancadas do pavillón para arroupar ás Cochainas nesta nova andaina.

Imagen
Imagen