Tempada 26/27 • Formulario Oficial

ESCOLAS DEPORTIVAS

Bueu Atl. Balonmán & Mareiras Bueu Atl.

As Escolas do Bueu Atlético Balonmán e do Mareiras Bueu Atlético encárganse da formación d@s xogador@s das categorías da base do club.

Datas e Adestramentos

✨ MES DE PROBA GRATUITO

Poderase probar durante un mes. Comezo en agosto (infantil, cadete e xuvenil) e en setembro (prebenxamín, benxamín e alevín). Finalización o 31 de maio.

Pago con Cluber

A través da app Cluber.
• Infantil, Cadete, Xuvenil: 1 set e 1 feb.
• Prebenxamín, Benxamín, Alevín: 1 out e 1 feb.

Desconto 2º irmán/á: 50%
Familias monoparentais: 25%

Atención e Dúbidas

Secretaría: 647767026 (Cristina)
Equipacións: Venres 18:00 a 19:30 • Isa Gago (649337059)
Área Deportiva: area_deportiva@...

Vantaxes de Socio →

Habilitar o pago de cuotas en CLUBER

Sigue as instruccións correspondentes ao club no que queiras inscribir ao alumno/a:

Formulario de Inscrición Oficial

Cobre os campos para formalizar a inscrición

3 Datos do Xogador / Alumno/a

4 Datos do Pai / Nai ou Titor Legal & Contacto

5 Condición de Socio e Descontos

Nota informativa de cobro de carné de socio:
Se solicitas selo, o cobro do carné de socio farase con cargo á conta bancaria un mes despois do primeiro cobro da Escola. No seguinte enlace tes toda a información sobre as cuotas: SOLICITUDE DE CARNÉ DE SOCIO. (Se entras no enlace, non esquezas rematar de cubrir este formulario).

6 Declaracións Legais, Autorización e Protección de Datos

MANIFESTO: Que me atopo e os meus representados se atopan en condicións físicas adecuadas para participar nesta actividade. Que non padezo, e os meus representados non padecen enfermidades, defecto físico, lesión ou calquera outra circunstancia que puidera agravarse ou perxudicar gravemente a saúde por participar nestas actividades. Que se padecera, ou os meus representados padeceran algún tipo de lesión, defecto físico ou calquera outra circunstancia que puidera agravarse ou perxudicar gravemente a saúde, ao participar nestas actividades, poreino en coñecemento da organización, acatando as decisións que ao respecto se adopten polos responsables do programa.

AUTORIZA a BUEU ATLÉTICO DE BALONMAN con CIF G36039683 a que, desde a data da presente e en diante, vire no nº de conta bancaria indicada no presente documento todos os recibos correspondentes ás facturas xeradas polas accións comerciais realizadas entre ambas as empresas, segundo o establecido polo Real Decreto-lei 19/2018, do 23 de novembro, de servizos de pago e outras medidas urxentes en materia financeira.

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS: Responsable do tratamento: BUEU ATLÉTICO DE BALONMAN, con CIF G36039683. Finalidades e lexitimación: facturar produtos e/ou servizos e xestionar a relación deportiva/formativa con vostede e o menor representado. Prazo: mentres se manteña a relación comercial/deportiva ou durante o prazo legalmente esixido. Destinatarios: non se cederán a terceiros salvo obriga legal (ex. Federación de Balonmán para licenza deportiva). Dereitos: acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición en Rúa Steffan Morling S/n Pavillón Pablo Herbello, Bueu, ou en bmbueu@gmail.com.

Comproba o documento anexo:

Formulario oficial protexido con Google reCAPTCHA v3 e cifrado SSL seguro.

Información sobre Protección de Datos