Pablo Arce convocado cos Hispanos Promesas para o Torneo 4 Nacións
O noso canteirán Pablo Arce, repite convocatoria coa Selección Española Promesas e forma parte do grupo de 18 xogadores que representan a España no Torneo 4 Nacións, que se desputa do 5 ao 7 de novembro na localidade portuguesa de Almeida.
O seleccionador Carlos Colomer confía unha vez máis na capacidade do lateral dereito, que xa está concentrado co equipo dende o día 2 de novembro en Salamanca, onde levaron a cabo unhas sesións preparatorias.
O debut do combinado español será o 5 de novembro ás 15:00h contra Italia no Pavillón Multiusos de Pinhel. Ao día seguinte, 6 de novembro, tocaralle medirse ao equipo de Austria ás 15:30h no Pavillón Municipal de Almeida. E, para rematar, o 7 de novembro enfrontarase a Portugal ás 17:30h no Pavillón Municipal de Figueira Castrelo Rodrigo.
LISTAXE DE CONVOCADOS
- Portería: Nikola Pejanovic Porras (Club Balonmano Roquetas) y Alan Thomas Cuenca (F.C. Barcelona).
- Central: Álex Torres Salido (F.C. Barcelona), y Xabier Gallego Martínez (Luceros).
- Lateral Dereito: Lian Samuel Rivera Weyhrauch (Rhein-Neckar Löwen), Pablo Arce Vila (Bueu Atlético Balonmán) y Ander San Juan Mateo (F.C. Barcelona).
- Lateral Esquerdo: Teo Esquer Sáinz (Club Balonmano Morera Algemesí), Álvaro Salcedo Luna (A.D. Dominicos Zaragoza), y Xavi Carreño Cobo (F.C. Barcelona).
- Extremo Dereito: Imanol Lopetegui Borja (Club Deportivo Bidasoa), y Hugo Ramírez Fernández (F.C. Barcelona).
- Extremo Esquerdo: Erik Martín Montolio (Club Balonmano Puerto Sagunto), y Pol Peral García (F.C. Barcelona).
- Pivote: Unax Ansa Galarraga (Zarautz ZKE), Julián Ramírez López (A.D. Dominicos Zaragoza), y Evan Esteve Pérez (Club Balonmano Mislata).