Plan Concilia Agosto 2024
O 1 de agosto de 2024, comeza o Plan Concilia organizado polo Concello de Bueu xestionado polo Bueu Atlético Balonmán.
Nais, pais, titoras e titores de rapaces e rapazas participantes deben ter en conta:
LUGAR E HORARIOS:
– Entrada: Realizarase entre as 8:00 e as 10:00 no estacionamento do pavillón de Bueu para tódolos participantes, sendo necesario avisar se a entrada en antes das 9:00. Entregarase un carnet cun código QR para o rexistro da entrada. Este será un tempo de actividades lúdicas, lectura e pequenos talleres, onde os asistentes sempre terán que facer. Ás 10:00 cada grupo irá ó espazo designado para ese día cos seus monitores.
– Desde as 10:00 ata as 13:30 realizaranse as actividades propias relacionadas coa temática “Os Xogos Olímpicos”.
– Recolllida: realizarase entre as 13:30 e as 15:00. Realizarase polo estacionamento do pavillón de Bueu para tódolos participantes (incluidos os que teñen comedor), e só os poderán recoller as persoas autorizadas nas autorizacións entregadas. Calquera cuestión, avisar con antelación.
– Saídas: Cada grupo será informado dos días que se lle programen as saídas para coñecer ao pobo ou á praia, xa que, debido á gran cantidade de rapaces e rapazas, estes días serán diferentes para cada grupo, grupos que faremos o primeiro día.
MATERIAL:
Os participantes terán que levar tódolos días (a poder ser co nome do participante en cada elemento) como mínimo:
– Roupa cómoda.
– Zapatillas deportivas de calle.
– Zapatillas deportivas limpas para o pavillón con sola que non marque.
– Gorra.
– Vir coa crema solar posta.
– Unha botella de auga ou cantimplora (co nome).
– Almorzo de media mañá.
Os materiais que utilizaremos para crear diversos utensilios para xogar serán materiais reciclados. Cando sexa preciso pediremos que o que poida nos traia cartóns, botellas u outro material de reciclaxe.
RECOMENDACIÓN DE MERENDAS:
Facemos unha recomendación de merendas saudables de media maña:
Luns: calquera zume (a poder ser non azucrados) e galletas (a poder ser con cereais).
Martes: Produtos lácteos, coma por exemplo, batidos, iogures, queixo…
Mércores: Froita e froitos secos naturais ou tostados (evitalos fritos), preferiblemente cortados para facilitar as rapazas e
rapaces consumilos.
Xoves: Bocadillo ou sandwich de embutidos ou patés, variando o que levan dentro.
Venres: Merenda libre.
CONTACTO:
Ante calquera dúbida, chamar ao coordinador, Roque Arias ao número 634596816