info@bueuatleticobalonman.com
Menu
  • Club
  • Patrocinadores
  • Socios
    • Solicitud acceso partidos
  • Área Técnica
  • Eventos
    • IX Escolas de Verán Pablo Herbello
  • Contacto
  • Idioma: Español
    • Español Español
    • galego galego

Plan Concilia 2021

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

PLAN CONCILIA AGOSTO 2021

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

TEMÁTICA: OS XOGOS OLIMPICOS

INICIO

O 2 de agosto de 2021, comeza o Plan Concilia organizado polo Bueu Atlético Balonmán.

 

HORARIOS:

  • Entrada: dende as 8:00 ata as 10:00 no pavillón Pablo Herbello de Bueu. Para poder facilitar a entrada tanto de aqueles que teñan que madrugar máis coma os que non teñan ou non queiran facelo. Este será un tempo de actividades lúdicas, lectura e pequenos talleres.
  • Dende as 10:00 ata as 13:45 realizaranse as actividades propias relacionadas cos xogos olímpicos e os seus deportes.
  • A partir das 13:45 ata as 14:00 será a recollida. Para a recollida dos participantes por persoas que non sexan os nais, país, titoras e titores, teñen que entregar unha autorización escrita co nome apelidos e DNI da persoa que o veña a buscar asinado polos titores. Calquera outro inconveniente, avisar con antelación.

Así mesmo, cada grupo será avisado cunha nota escrita dos días que se programen as saídas, para coñecer ao pobo ou á praia, xa que debido a gran cantidade de rapaces, estes días serán diferentes para cada grupo, grupos que faremos o primeiro día.

 

Para fomento dos hábitos saudables, suxerimos que as merendas de media mañá sexan:

 

DÍA MERENDA
Luns Zume (a poder ser non azucrados) e galletas (a poder ser con cereais)
Martes Produtos lácteos, coma por exemplo, batidos, iogures, queixo …
Mércores Froita e froitos secos naturais ou tostados (evitalos fritos), preferiblemente cortados para facilitar as rapazas e rapaces consumilos
Xoves Bocadillo ou sandwich de embutidos ou patés, variando o que levan dentro
Venres O día perfecto para un pequeno capricho, cereais e doces caseiros como biscoito ou madalenas. Tamén poden traer unhas onzas de chocolate, preferiblemente negro, máis do 75%.

 

MATERIAIS NECESARIOS:

Os participantes terán que levar tódolos días, (a poder ser co nome do participante en cada elemento) como mínimo :

  • Roupa cómoda
  • Zapatillas deportivas de calle
  • Zapatillas deportivas limpas para o pavillón con sola que non marque.
  • Gorra.
  • Vir coa crema solar posta.
  • Unha botella de auga ou cantimplora.
  • Almorzo de media mañá.
  • Máscara protectora e unha a maiores de reposto por posibles incidencias.

 

Nos talleres ensinaremos a crear diversos utensilios con materiais reciclados para xogar. Pediremos aos nenos e nenas que poidan que traian cartóns e botellas de plástico, preferiblemente de deterxentes.

 

PROTOCOLO DE SEGURIDADE

A entrada farase un control de temperatura e hixiene de mans e calzado, onde a persoa que traia a nena ou neno, terá que esperar o visto bo dos monitores. Por seguridade pregamos que non manden a ningún participante que teña algunha indisposición na súa saúde.

Para un mellor control de sustancias nocivas, os materiais necesarios de desinfección (para mans, zapatillas, materiais) serán proporcionados polo Bueu Atlético Balonmán, prégase absterse de enviar líquidos ós nenos e nenas.

 

CONTACTO

A persoa de contacto para calquer dúbida ou incidencia será Ramón Curra (Moncho), co número de teléfono 659835925

Category

  • Crónicas
    • Crónicas Senior Masculino
  • Uncategorized

Archives

  • febrero 2023
  • julio 2022
  • mayo 2022
  • febrero 2022
  • noviembre 2021
  • septiembre 2021
  • agosto 2021
  • julio 2021
  • junio 2021
  • mayo 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • julio 2020
Copyright © 2020 Bueu Atlético Balonmán.