Preinscripcion-Enquisa Campus Verán 2020

Como ben sendo habitual nos últimos anos, o CLUB BALONMÁN BUEU, pretende organizar as VII Escolas de Verán Pablo Herbello patrocinadas por ENCE. Debido á situación social que vivimos na actualidade, é unha incógnita en case tódolos ámbitos as actividades que se poden realizar.

Por iso na medida que as autoridades sanitarias e administracións públicas o aconsellen, dende o club intentamos construír un campus que cumpra tódalas medidas de seguridade e hixiene, para regresar á práctica da actividade deportiva, chegando a plantexar se fose necesario as actividades en espazos abertos e/ou a actividade en pequenos grupos.

O obxectivo é dedicar o campus ó desenrolo motor, traballando as habilidades físicas básicas e a psicomotricidade, todo isto sen esquecernos do noso deporte, o balonmán.

Aparte de poder gozar, na medida do posible, de actividades alternativas como por exemplo, actividades acuáticas.

Para todo isto contamos con monitores cualificados, entre eles adestradores nacionais e licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

As escolas de verán están dirixidasa rapaces e rapazas nados entre o 2009 e o 2015 e realizaranse dende o 3 o 28 de agosto, cun horario de 9:30 a 13:30 de luns a venres, podendo ampliar este horario algún día, no caso dalgunha actividade alternativa o requira.

Para todo isto, solicitamos que fagades unha preinscrición antes do 21 de xullo. O campus terá un límite de prazas, que serán asignadas por orde de inscrición. Por outro lado, para que a realización das escolas sea viable deberá haber un mínimo de inscricións.

Na PREINSCRICION das VII Escolas de Verán Pablo Herbello, non se esixirá ningún pago. En canto nos comuniquen con total certeza e seguridade que podemos celebralo, abriremos un novo prazo para confirmar as INSCRICIONS e formalizar os pagos.

Dito isto, AXUDARÍANOS MOITO neste intre coñecer a vosa opinión dada a situación especial que vivimos, polo que vos pregamos respondades a este breve cuestionario:

*ATENCIÓN: O envío de este formulario conleva una preinscrición e unha reserva de plaza polo que só se debe cubrir no caso de estar realmente interesado en acudir as escolas. O pago soamente se realizará no caso de que finalmente as autoridades sanitaras permitan a celebración das mesmas.