Plan concilia Agosto 2022

A atención de nais, país, titoras e titores das rapaces e rapazas do plan concilia agosto 2022.

O 1 de agosto de 2022, comeza o plan concilia organizado polo Bueu Atlético Balonmán.

Os horarios serán: (ata novo aviso, pola demora nas obras do pavillón Pablo Herbello)

  • Entrada: dende as 8:00 ata as 9:30, no colexio A Pedra Infantil, a partir desa hora ata as 10:00, cada neno irá o colexio que teñen asignado (nados en 2016, 2017 e 2018 para o colexio A Pedra infantil, e os nados do 2015 o 2010, no colexio A Pedra de primaria, entrada dende o aparcamento do pavillón).
  • Dende as 10:00 ata as 13:45 realizaranse as actividades propias do campus
  • A partir das 13:45 ata as 14:00 será a recollida. Os nados en 2016, 2017 e 2018 serán recollidos no colexio A Pedra infantil, e os nados do 2015 o 2010, no colexio A Pedra de primaria, entrada dende o aparcamento do pavillón).Para a recollida dos participantes, teñen que entregar un papel co nome apelidos e DNI da persoa que o veña a buscar en caso de que non sexan as nais, país, titoras e titores. Calquera outro inconveniente, avisar con antelación.

Así mesmo, cada grupo será avisado dos días que se programen as saídas, para coñecer ao pobo ou á praia, xa que debido a gran cantidade de rapaces, estes días serán diferentes para cada grupo, grupos que faremos o primeiro día.

Para facilitar falar dos hábitos saudables, pedimos que as merendas de media mañá sexan, na medida do posible:

  • Luns: zume (a poder ser non azucrados) e galletas (a poder ser con cereais).
  • Martes: Produtos lácteos, coma por exemplo, batidos, iogures, queixo …
  • Mércores: Froita e froitos secos naturais ou tostados (evitalos fritos), preferiblemente cortados para facilitar as rapazas e rapaces consumilos.
  • Xoves: Bocadillo ou sandwich de embutidos ou patés, variando o que levan dentro,
  • Venres: o día perfecto para un pequeno capricho, cereais e doces caseiros como biscoito ou madalenas. Inck¡luso algo de chocolate.

En canto ao material que utilizaremos para crear diversos utensilios para xogar, serán materiais reciclados, polo que pedimos que o que poida nos traia cartóns e botellas de plástico, preferiblemente de deterxentes, pero todo será benvido.