BUEU ATLÉTICO BALONMAN 29 – GOURMET AMPATE LANZAROTE 27

BUEU ATLÉTICO: Mauro (8), David, Javi Torres (6), Roque (4), Veloso (5), Brais (3), Rubén, Diego, Andrés (4), Risi, Kustov, Xosé, Raul Dios e Raul Piñeiro.

GOURMET AMPATE LANZAROTE: Rafa Robayna (5), Joel (1), Roldán (2), Acoidán, Rubén Caraballo (3), Javi Santana, Segarra (2), Carmelo (2), Oscar silva (2), Roberto, Alexis (3), Adrián (1), Anderson (4), Miguel Laguna (2)

INCIDENCIAS: Xornada 17. Partido xogado no Pablo Herbello.

Memorable o partido na mañán do domingo no Pablo Herbello. Incrible o vivido nos derradeiros minutos dun partido que se puso costa arriba no comezo da segunda parte, pero que os homes de Monche, souberon sacar adiante.

Visitaba Bueu, o Gourmet Ampate Lanzarote, un equipo dos chamados a estar arriba e que o está a demostrar neste curso. Un partido, tal e coma marcaba o seu adestrador Iñaki Malumbres, dos máis difíciles que lle quedaban ó Lanzarote, coma visitante.

O partido estivo marcado pola igualdade durante o primeiro tempo, sendo o que foi por diante no primeiro treito o Bueu, e logo o Gourmet Ampate, no segundo treito, chegando ó descanso con vantaxe de un gol 12-13.

A saída do descanso un parcial de 0-3 obligou a Moncho a solicitar tempo morto, para cortala racha canaria que saiu cunha intensidade maior que no primeiro tempo, sabedores que tiñan que poñer máis da sua parte para levar os puntos cara Canarias. Moncho puxo en práctica a pizarra e conseguiu reducir a diferencia a dous goles, momento no que Malumbres  solicitou tempo morto para poñer as pilas ós seus. Antes do minuto 10 do segundo acto, o Bueu conseguía empatar, e facer comezar un partido novo.

O ímpetu dos guerreiros azuis, é digno de admirar. As baixas e as lesións, non merman a ilusión dos nosos e puxeron todo da sua parte para que os puntos quedaran na casa, ante todo un equipazo coma o Gourmet Ampate Lanzarote. Brais ó mando, acompañado por un imperial Roque e un descomunal Veloso na liña de seis metros, puxeron o medo no corpo dos lanzaroteños e a maior das ilusións ós afeccionados de Bueu, que vian como os nosos medraban en defensa na que o xovencísimo Xosé colle cada vez maís galóns, e acompañados polas paradas de Risi.

Ó berro de “si se pode” a afección levou o seu equipo ós derradeiros 5 minutos (24-24) que foron de auténtico infarto. Golpeuou o Bueu primeiro con dous goles de Mauro. Poñendo o +2 no electrónico a falta de tres minutos e medio. alexis marcaba para redudir diferencias, de penalti, Veloso volvía a marcar no aviso de pasivo. Miguel Laguna marcaba moi cedo traso saque de centro para poñer o 28-27 a falta de 46 segundos.

O tempo morto de moncho, templou os nervos dos seus e un gol de Brais a falta de pouco máis de 20 segundos certificaba a victoria e a ledicia dos xogadores e siareiros que estaban no Pablo Herbello.

 

A vindeira semana temos nova xornada en Bueu, visítanos o Chapela, nun dos partidos máis importantes da tempada xa que unha victoria podería deixar media permanencia amarrada. Afeccionados e socios ACUDIDE á chamada dos vosos guerreiros, vinde a arroupar ó voso equipo, un equipo que está a deixar a moita xente abraiada. ESPERÁMOSVOS.

Podesdes ver a repetición do partido aquí