CONCILIA NADAL 21-22

O Bueu Atlético, no seu ámbito de integración e axuda, ven de presentar a seu programa CONCILIA NADAL 21-22, para que as familias que o precisen e os rapaces que o desexen, poidan disfrutar de actividades variadas, e de deporte durante as vacacións do nadal.

 

O campamento, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, terá lugar o seu epicentro no Pavillón Pablo Herbello, pero tamén se farán actividades noutros lugares da nosa contorna, se as condicións climatolóxicas o permiten.

Deportes variados, talleres, manualidades, e moitas sorpresas que vos desvelaremos más adiante… todo dirixido cara os nenos, polos nosos monitores, para que as familias poidan conciliar a súa vida profesional e familiar nesta datas. Poderedes escoller que os nenos acudan só ó campus de deporte de 09:30h a 13:30h, ou engadir o servicio “madruga” (Concilia 1) e o “quedamos contigo” (Concilia 2)

Tedes o formulario de inscripción clicando aquí. Podes deixalo na oficina do clube, no Pavillón Pablo Herbello os días 9 e 10 de Decembro en horario de 18h a 19h, e facer o pago en efectivo, no momento da inscripción.

E o taboleiro de prezos, a continuación.

Bule, que as prazas son limitadas.

TABOLEIRO DE PREZOS