I TORNEO DE APERTURA

O Clube Bueu Atlético Balonmán, dentro do seu obxectivo de promocionar o deporte e, concretamente, a súa especialidade, ten oganizado para a vindeira semana, dende o mércores 18 ata o venres 20, o I TORNEO DE BALONMÁN A-4, é dicir con tres xogadores de campo e un porteiro, en terreos de xogo adpatados en canto ás súas medias.

A Competición levarase a cabo na pista polideportiva da Banda do Río. Poderán participar rapaces e rapazas das categorías infanti (nados en 2008-2009), cadete (2006-2007) e xuvenil (2004-2005).

Ademáis, unha das características fundamentáis do torneo é que pode participar calquera mozo ou moza, xa sexa xogador do clube ou non, promovendo que aqueles que non practican esta disciplina deportiva tamén a poidan gozar nestes días ou quedar dentro do clube no futuro.

As inscricións poden ser de xeito individual e se formarán equipos cos nenos/as que soliciten participar, de xeito que ningún interesado/a se que atrás por non atopar xente necesaria para formar un equipo completo. Os interesados poden anotarse ata o vindeiro martes a través dalgún xogador do clube ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: bmbueu@gmail.com. O obxectivo é xuntar o maior número de equipos, que o torneo sexa un aliciente importante para queo máis novos coñezan e practiquen este deporte.

“Estariamos encantados de que se sumaran moitos mozos/as as esta iniciativa, xa que o fomento do deporte foi, e será sempre, un obxectivo fundamental do Bueu Atlético Balonmán; as que engadimos a posibilidade de que xogadores que non practicaron nunca o nos deporte ou o fixeron pero o deixaron, poidan voltar” explicou o presidente da entidade, Manuel Castro Otero.