MANTIDO SL CONSTR. BM XALLAS 25 – GESCOLOR BUEU ATLÉTICO 19

MANTIDO SL CONSTR. BM XALLAS 25: Miriam Blanco, Patricia Villar (1), Sara Gonzalez (4), Noelia Liduino, Inés Mouro (1), Laura Barbeira (7), Maitena Lois (4), Julia Pereira (4), Leilia (4), Samantha, Zaira Gonzalez.

GESCOLOR BUEU ATLÉTICO 19: Marta (2), Naiara (5), Diana, Laura, Sara, Susana (3), Andrea, Sonia (3), Alejandra (3), María (2), Alba (1).

Voltan as nosas rapazas cunha derrota da súa visita a Santa Comba, no enfrontamento ante o Xallas. Un partido no que en todo momento foron a remolque das locais. Un parcial de 4-0 nos primeiros 5 minutos, marcaron a pauta do partido. Marcos tivo que pedir un tempo morto ós 10 minutos ante o atasco das suas, para tratar de refrescar ideas. Conseguino, pero os erros de lanzamento penalizaban o ataque das nosas guerreiras, que no treito final da primeira parte, conseguían recurtar as distancias e poñerse a 1 gol en varias ocasións, sen chegar a fraguar o empate. Con 10-8 no electrónico, chegaba o descanso.

Á volta do descanso, o Xallas calcou o feito no primeiro acto e aplicou un 10-5 de parcial nos primeiros 15 minutos,  que sería definitivo para os intereses das rapazas do Gescolor Bueu Atlético.

A vindeira semana, as nosas rapazas do Gescolor, terán xornada de descanso, que servirá para recuperar o bo tono cara as derradeira xornada de competición na fin de semán do 16 de Maio, no Pablo Herbello de Bueu, fronte ó Galicia Social.

 

Rastko.