BUEU ATLÉTICO BALONMAN 29 – RODOSA BM. CHAPELA 32

BUEU ATLETICO BALONMAN 29: Mauro Bacelar (1), David Iglesias, Carlos Veloso (2), Carlos Martínez, Brais (1), Josiño (15), Andrés (4), Abel, Carlos Meira (1), Edu Alonso, Risi, Samu Couso, Xosé Paz,  Eloy (5), David Juncal e Raul Piñeiro.

RODOSA BM. CHAPELA 32: Miguel Espiño, Ignacio Lopez, Marcos Serrano, Manuel Gonzalez, Pablo Vidal (1), Fabián (4), David Figueirido, Alex Sanchez (6), José Francisco, Kevin, Adrián Lomba, Oscar Silva (7), Xacob Novoa, Alberto Garrido (6), Pablo Casado, Jacobo Rodriguez (6)

INCIDENCIAS: Xornada 26 de Primeira Nacional, disputado no Pavillón Pablo Herbello. Exclusións: Mauro (2), Andrés e Carlos Meira polos locais; Alex Sánchez (2), Adrián Lomba, Oscar Silva e Jacobo Rodriguez nos visitantes.

Chegaba un partido dos que gusta ver e dos que gusta xogar. Visitábanos o Rodosa Bm. Chapela, o terceiro clasificado nun partido clave para as aspiracións de ambos equipos, o Chapela para seguir pelexando polos postos de ascenso, e o Bueu co obxectivo de non despegarse dese vagón de honra á espera dos tropezos dos de arriba. O parte de baixas de Bueu non era o mellor, con Roque apartado, uniuse Igor que perderá o que resta de tempada. Xogadores coma Mauro, Andrés, David e Couso, chegaban con molestias que non lles permitiría xogar ó 100%.

 

O Bueu saiu moi decidido e moi echufado. Unha defensa moi seria, o 6:0 plantexado por Moncho, foi determinante para poder despegarse no marcador, xunto ca efectividade en ataque o 3-1 no minuto 5 así o reflexaba. Os minutos ían caindo e a defensa gañaba en confianza, unido ó traballo no ataque do “Samurai” Eloy que convertía en gol ou penalti todo o que lle tiraban os seus compañeiros. As contras ían chegando anque Kevin detía duas contras a Josiño. Con 7-3 o adestrador visitante, víase obrigado a pedir un tempo morto, para tratar de ordenar ós seus.

Risi ía sumando paradas, e Andrés e Josiño aportaban os goles nas transicións rápidas e nos longos ataques con continuidades de libro. A vantaxe foise a 5 goles, con 11-6 no minuto 20 do primeiro acto. Pero o Chapela tiña claro que éste era un partido clave para poder seguir pelexando polo seu obxectivo de ascender, pero seguían sin atopar a tecla que lles dera a opción de remontar. Chegábase ó tempo de lecer con 16-12

Á volta dos vestiarios, o Bueu seguía coa sua tónica, e con ganas de que os puntos quedaran e casa, e seguir soñando, e puxo máis terra de por medio 19-13 no minuto 5 da segunda parte. Pero os chapeleiros atoparon a tecla. Os continuos 2×2 da primeira liña de Chapela co seu pivote Galiano, poñia en apuros á defensa de Bueu, e o lanzamento exterior de Fabián facía medrar ós Chapeleiros que aplicaron un parcial de 3-8 para poñerse a 5 goles no ecuador da segunda metade.

Kevin comezaba a sumar paradas, cada vez era máis dificil superar a defensa que propuxo Teixeira, cun 6:0 onde Fabian e Oscar intimidaban moito. As distancias foron indo a menos, Fabián seguía martillando a meta de Risi, chegaban as contras dos chapeleiros motivadas polas perdas de balón dos de Bueu.

O público tentaba levantar ós seus, máis ainda despois de que os árbitros amonestasen ó delegado de campo pola música durante o partido.Faltaban 9 minutos cando os de chapela conseguiran o seu obxectivo de recortar os 6 goles e poñerse por diante no marcador, e non soltar esa vantaxe ata o final do partido. Nin as paradas de Risi ó final de partido foron quen de poder deixar os puntos en Bueu, demostrando así o Chapela, o oficio deste equipo e o por que está no tren de honra da categoría e deixando claro que queren ascender. Partido de oficio dos chapeleiros que levaron os dous, malia gran actuación dos nosos. Partidazo de Eloy en defensa e en ataque e novamente salientable Josiño que anotou 15 goles, que o seguen mantendo na cabeza da táboa de goleadores. Increble a #coraxealéndomar que seguen a demostrar os nosos guerreiros azuis, contra toda adversidade.

A vindeira semana o equipo desplazarase a Canarias, concretamente a Lanzarote, para enfrontarse a outro dos equipos e arriba, o Gourmet Ampate Lanzarote.

Os nosos baixan un posto na clasificación e sitúanse agora nun meritorio, moi meritorio 6º posto e con posibilidades de pelexar polo 4º posto.

Rastko.