CARNES DO RIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL 34 – BUEU ATLETICO 28

CARNES DO RIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL 34: Anxo Táboas, Juan Enrique (5), Aron Díaz (7), Xurxo Pérez (1), Thiago de Oliveira (1), Juan Sotelo (4), Rafael Fernandez, David López, Pablo Lorenzo (7), Rodrigo Touza, Javier Iglesias (6), Iván Fernandez, Nico Gonzalez (1), Nico Alberte, Mario Fernandez (1)

BUEU ATLETICO BALONMAN 28: David Iglesias, Carlos Veloso, Carlos Martínez, Brais (5), Martín Iglesias, Josiño (7), Andrés (5), Abel (7),  Carlos Meira (2), Edu Alonso, Risi, Samu Couso (1), Eloy (1) e Raul Piñeiro

INCIDENCIAS: Xornada 25 de Primeira Nacional, disputado no Pavillón do Consello de Ribadavia. Exclusións: Juan Enrique, Pablo Lorenzo, David López. Descalificación David López por parte dos locais; Josiño (2), por parte dos visitantes.

Visitaba o Bueu ó Carnes no Ribeiro-Ourense Provincia Termal, coas baixas de Roque, Mauro por mor do golpe da pasada xornada e Igor e coa baixa de Celso (fichado polo Disiclín Lalín de DHP ó que lle desexamos que manteña a categoria) na parte local. Un partido no que se anticipaba un duelo precioso, nun pavillón que disfruta do balonmán e no duelo de goleadores da categoría, pois enfrontábanse o máximo goleador da categoría contra o segundo cañoneiro, ou o que é o mesmo Josiño contra Arón. Un partido, no que despóis de moito tempo, un ex do Bueu coma David López, se enfrontaba ó clube co que conseguira ser internacional xuvenil.

O partido comezou con igualdade. O muro defensivo do Ribeiro con Thiago e David Lopez, dous xogadores de casi 2 metros, no centro da defensa, que ía facer moi dificil o xogo de penetracións dos nosos guerreiros. Ainda así, Carlos Meira inauguraba o marcador, perforando a portería cun lanzamento exterior. Arón tiña claro que non quería defraudar no duelo con Josiño, e mentras Josiño erraba un penalti diante de Anxo, Arón marcaba na porta rival. O 2-2 no minuto 5, presaxiaba a igualdade no encontro, pero un parcial de 6-2 dos de Ribeiro apoiados na sua defensa e o seu porteiro Anxo, puxo o 8-3 no minuto 10, momento no que Moncho tiña que solicitar un tempo morto.

Á volta do tempo morto, o Bueu acurtou distancias con 2 goles seguidos de Abel, Arón seguía perforando a portería do Bueu e Anxo seguía sumando paradas. con 10-5 no marcador, foi o turno do adestrador do Ribeiro de pedir tempo morto, para arranxar os problemas que comezaba a divisar nos seus; corría o minuto 14.

O 12-7 que se reflexaba no marcador, presaxiaba un castigo para os nosos guerrieros. Abel era o que conseguía levar ós nosos cara adiante sin perderlle a cara ó partido e conseguía o 12-8. Risi conseguía a primera parada a Arón, Josiño volvía errar o segundo penalty diante de Anxo, que xa comezaba a ser o heroe do seu equipo xunto a Arón, nesta primeira parte. Os ataques dos azuis comezaron a ser cada vez máis longos, froito desa boa defensa dos de Ribadavia, pero o #Coraxealendomar sempre sae e conseguíanse goles. Chegábase con 13-11 ós derradeiros 5 minutos do primeiro acto. Andrés consigueu empatar a falta de 2 minutos o partido, pero un arreón final dos locias puxo o 15-13 ó Descanso.

Na reanudación, Edu ocupou o lugar de Risi no campo e saleu enchufadísimo, con 3 paradas de mérito, que xunto ca descalificación de David Lopez, fixo que o Bueu conseguira empatar o encontro, novamente. O adestrador do Ribiero, veuse obrigado a solicitar novamente un tempo morto, para ordenar ós seus. Arón seguía co seu bo expediente goleador (remataría o encontro con 7 goles).

A igualdade seguiu marcando o resto do encontro, con arreóns por parte de un e outro equipo, despegándose o Ribiero, e achegándose ou empatando o Bueu. A defensa do Bueu, pasou a 5:1 e conseguía meter en problemas ós de Robadavia, e conseguíanse goles de contrataque, gracias ás paradas de Edu. No minuto 15 o marcador reflexaba un 22-21. Josiño recuperaba sensacións e marcaba á contra. O 23-23, facía soñar con poder recuperar o mal inicio, pero un novo arreón ourensán puxo o 25-23 no electrónico, e Moncho pediu tempo morto.

Á volta, a sucesións de goles foi continua, Abel consigue gol tras un ataque moi longo e de moita paciencia, o Ribeiro non perdonaba nos seus ataques, Abel recurtaba a distancia por 3 ocasións seguidas. Unha parada de Anxo a lanzamento de Couso foi o punto de inflexión xa que o Ribiero non errou o seu ataque e poría o 29-26 no marcador a falta de 6 minutos, anque Josiño non se rendía e recurtaba a distancia e poía o 29-27. Juan Enrique topaba co pau de Risi, pero o Bueu cometía un erro de pase no seu ataque. Javi marcaba de vaselina, levantando á sua afección que xa estaba levando ó seu equipo cara a victoria. Anxo converteuse nun muro infranqueble na última parte do partido e o Ribiero rematou o partido poñendo o 34-28 no marcador.

2 puntos que non se puideron traer da visita a Ribadavia, que lle axudaría a consolidar a quinta praza e seguir pelexando por chegar a ser terceiro, contando conque a próxima xornada visitará o Pablo Herbello o Rodosa Chapela, terceiro clasificado, con 6 puntos de diferencia con respecto ós nosos guerreiros azuis. Recordarvos que tralo fallo do TAD a favor do Bueu, o equipo recupera 2 puntos, e ten un partido menos, xa que o partido que se lle dera por perdido fornte ó Tejina, por incomparecencia, terá que disputarse antes dun mes, co que o equipo opta a poder conseguir dous puntos máis que os aúpe á zona noble da clasificación.

Estado atentos á nosa web e as nosas redes sociais para conseguir a vosa entrada para o que será un auténtico partidazo a disputar o vindeiro sábado 24 de Abril as 19.00h. Poderedes seguir o partido polo noso streaming. Seguídenos no noso canal de Youtube, e facédevos suscriptores para axudarnos a mellorar e que poidamos ter novidades para vos.

Sigue Josiño, encabezando a táboa de goleadores dda categoría.

Rastko.