(Español) Crónica Bueu Atlético Balonmán – Bm Carballal

Sentímolo moito, ista entrada atopase unicamente en %LANG;,: e %. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

BUEU ATLETICO BALONMAN 28: Mauro (1), David Iglesias(1), Roque (1), Carlos Veloso ( 7), Carlos Martínez (3), Brais (1), Diego Dios (1), Josiño (10), Andrés (3), Carlos Meira (1), Edu Alonso, Risi, Samu Couso,  Igor, Raul Piñeiro

GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL: Pablo Cruz, Samuel Rodriguez, Pablo García (3), Dani Gomez (4), Xabier Puentes, Rodrigo Mariño (2), Juan José Basante (1), Iván Soage (3), Samuel Barciela, Jorge Navarro, Alejandro Lopez (3), Borja Romero, Brais Fernandez, Iván Fernandez (1), Iago Costas (3), Alberto Romero

INCIDENCIAS: Xornada 20 de Primeira Nacional, disputado no Pavillón Pablo Herbello Novas de Bueu, xa con máis de 80 espectadores. Exlusións: Carlos Meira e Samu Couso polos locais, Juan José Basante, Iván Soage (2),Jorge Navarro (2) polos visitantes.

 

Volvía o público ás gradas do Pablo Herbello, na semana na que se cumplían 8 anos do pasamenento do bravo xogador que lle pon nome ó pavillón de Bueu. Nesta ocasión visitábamos o Granitos Ibéricos Carballal, 13º na táboa, e o panorama para os nos non era o mellor foito das dúbidas na aliñazón por diversas molestias físicas: Andrés, Mauro, Abel… e despóis de truncarse a racha de victorias no derbi de Morrazo da pasada semana.

Comezaba o partido con intensidade por parte dos dous equipos, con fortes defensas, deixando una declaración de intencións, sendo o Carballal o que inaugurase o marcador de contrataque e á postre, sendo a única vez que os vigueses mandaran no marcador. A igualdade foi a tónica dos primeiros 5 minutos chegándose con resultado de 2-2.

Unha exclusión dos vigueses foi aproveitada polo Bueu para poñerse por diante tras transformar Josiño un penalti, contrarrestado cun gol dos vigueses na seguinte acción. O parcial dos seguintes minutos foi a favor dos azuis, chegando ó minuto 15 cun resultado de 8-4.

Na segunda metade do primiero acto o Carballal apretou os dentes e conseguiu achegarse a dous goles, da man das paradas do seu porteiro, e do atasco que comezaba a coller o equipo de Bueu, que non conseguí lanzamentos cómodos. Tivo incluso a posibilidade de poñerse a un gol, pero a opción foi parada por Risi, nos dous minutos seguintes foron un alboroto, no que Edu comezou a fraguar una actuación incrible nos duelos dende os 7metros cos lanzadores visitantes, chegando ó descanso co resultado de 13-11.

No descanso a adestradora do Clube, Sonia Loira e a xogadora do primeiro equipo de categoría femenina, leron un manifesto a favor da muller, co motivo do día da muller. Nese manifesto salientábase o papel que está tendo a muller en tódolos ámbitos da vida na loita pola igualdade, alegando que non se debe diferenciar entre sexos, cando ambos son igual de válidos. Púxose de manifestó o exemplo do clube onde as mulleres toman papel importante tendo membros femeninos: na súa xunta directiva, no corpo técnico con adestradoras e delegadas. O clube xa foi referente tendo adestradoras a cargo dos principais equipos do clube: Nieves Gamallo, Irene e Rosi Vilaboa…

Á volta do descanso os porteiros foron os protagonistas, Brais na portería visitante e Risi na portería local facían que ningún dos equipos poidese marcar, tan só Carlos Veloso (moi salientable a actuación do pivote) puido marcar nos primeros 7 minutos. Froito diso Moncho tivo que botar man dun tempo morto, e da posibilidade da acta aberta para incorporar ó partido a Mauro e Andrés, para tratar de rachar o partido. A volta do tempo morto, Carlos Martinez, perforaba a portería para poner o 15-11 no marcador. Unha diferencia que os locales conseguirían manter e ampliar de aquí ó final do partido.

Edu seguía facendo levantar ó público nas gradas e que os vigueses non marcaran dende o penalti; 4 paradas de penalti, no partido dos 5 que lle lanzaron.

O Carballal non quería darse por vencido e da man de Alejandor, Iago e Dani puxeron a tónica dos ataques, moitas veces frenados polas paradas dun Risi que co paso dos minutos facíase máis grande. Ata 14 paradas acomulou o porteiro local, o que fixo ter un porcentaxe por riba do 42%, una barbaridade!

No minuto 15 da segunda metade o resultado era de 19-14, e o público xa disfrutaba do espectáculo dos de Bueu no pavillón e as palmas e os ánimos, que tanto se botaban de menos, ían acompañar e levar ós seus a incrementar a diferencia ata os 8 goles finales, no que o partido rematou co resultado de 28-20.

Salientar o grandísimo partido de Risi na portería, acompañado por Edu nos lanzamentos de penalti, e o protagonismo goleador de Josiño con 10 goles e cun titánico Carlos Veloso na liña de 6 metros, que fixo que todo o que recibirá se convertera en gol ou penalti. No partido participaron dous Xuveniles: Raul Piñeiro, que participou na recta final do partido, e Diego Dios que participou cun gol.

Dous puntos que se quedaron en Bueu, que permite o equipo seguir perseguindo ó grupo de cabeza e achegarse un pouquiño máis a permanencia matemática, un ano máis na categoría de bronce do balonmán español, situándose no 6º posto do taboleiro con 24 puntos. Recordamos que o Bueu arrastra a sanción de dous puntos menos e a perda do partido contra o Tejina, que se terá que solventar no TAD. De non ser así, os nosos abofé estarían agora no 4º posto e a  3 puntos da disputa polos postos de ascenso.

A vindeira semana visitaremos a Bombonera de Redondela para enfrontarnos o domingo 14 de Marzo as 12:00h. Poderemos seguir o partido polo streaming do clube SAR de Redondela: SAR balonman TV

Destacar que o noso goleador Josiño, é nestes intres, o máximo goleador de tódalas categorias do balonmán nacional incluida a ASOBAL.

Podes volver a ver o partido aquí

Rastko.

CLASIFICACIÓN