Estimado Soci@, Patrocinador e Afeccionad@:
En primeiro lugar, dende o Bueu Atlético Balonmán queremos trasladar todo o noso apoio, e afecto, a aqueles/las que están a sufrir as consecuencias da pandemia de Covid 19, así como a todos/as os/as que están afrontando as dificultades derivadas da devandita crise.
Vivimos un momento excepcional, a nivel mundial, que demostrou que a nosa sociedade é moi vulnerable. En consecuencia, tivemos que cambiar os nosos hábitos e adaptarnos á nova normalidade. Por ese motivo, temos que seguir buscando alternativas que nos permitan seguir funcionando como sociedade, o mesmo tempo que cumprimos coas recomendacións socio-sanitarias.
Neste sentido, e de cara a vindeira tempada 2020-2021, temos varios retos que afrontar como Club. O primeiro, adaptar as nosas actividades deportivas á “nova normalidade”, garantindo o respecto ás instrucións de seguridade fixadas pola Secretaría Xeral para o Deporte . Segundo, reforzar o equipo técnico, así como asegurar o lanzamento do novo equipo Sénior Feminino. Por último , garantir a viabilidade económica de todas estas accións.
Grazas a vosa axuda, socios e socias, empresas e patrocinadores, todo isto é posible. Sen o voso apoio, sería inviable levar a cabo noso humilde proxecto, que nos permite transmitir aos nosos equipos e xogador@s, os valores deportivos e humanos que representan a identidade do noso Club.
Non somos alleos á realidade, e somos conscientes das dificultades que podedes estar pasando, e por iso desde a directiva do club, o noso propósito é que ningún socio/a,o patrocinador, xogador/a ou afeccionado/a quede fóra do proxecto do Club na vindeira tempada, tomaremos cantas medidas sexan necesarias, co obxectivo que todos/as poidades seguir formando parte desta pequena e gran familia do Bueu Atl Balonmán.
Polo tanto, sirva esta nota para expresar a nosa gratitude e recoñecemento polo voso esforzo e colaboración desinteresada en prol da práctica do balonmán no noso pobo. Tamén desexamos que esta situación teña o mínimo impacto posible e que poidamos seguir colaborando e gozando do noso deporte , o balonmán, o longo da nova tempada 2020-2021.
Sin outro particular, reciba un cordial saúdo,
Área de Socios e Patrocinadores