PRESENTACIÓN 23-24
Xa fai 26 anos que Cecilio Lago creou un himno que representase ó clube, e agora fixando a vista atrás, dámonos conta de que é o espello no que nos hoxe nos reflexamos.
«Embaixo o doce bico do solpor
No berce azul das ondas na ribeira,
Os homes dunha nova sementeira
Pintaron as estrellas doutra cor»
Esa pista da Banda do Río, a primeira farola do cole de A Pedra, que se puso para poder adestrar cando escurecía, son metáforas neste himno
«O lóstrego agochado do valor
Xurdiu coma brota a primavera
Facendo ducha vila mariñeira
A máis fermosa branca e nobre flor.»
E é que este ano, coma di o noso himno:
«O noso xa non é de Fantasía»

AGRADECEMENTOS
Todo isto non sería posible sin o apoio de moitos ós que queremos dar as GRAZAS:
– As institucións aquí presentes: Concello, Deputación, Xunta
– Os patrocinadores: Maco electricidade, 4Quatro Formación, Son Rías Baixas, Muebles del Rio, Supermercado Camar, Área de Servicio Lapamán, Serviauto, Padthaiwok, Socaire Arquitectos e Pavimentos Rías Baixas
– Os socios protectores
– Os socios e ós colaboradores que son moitos.

O QUE TEMOS EN MARCHA
Pois poño de novo os versos do himno no voso recordo:
» A loita nos alenta para ganar
O noso xa non é de fantasía.
Senón a realidade día a día
Dun clube sempre preto a se agrandar.»
Seguimos traballando con máis cousas:
– Estamos máis presentes nas redes sociais e este ano a frase «O noso xa non é de fantasía» foi a frase que abandera unha nova tempada.
– Novas fichaxes non só no primeiro equipo, sinón tamén na base, invertindo en adestradores, por exemplo un adestrador que hoxe non temos aquí, porque está emprendendo unha nova aventura internacional sendo o segundo adestrador da seleción de Letonia, e que está a pelexar por entrar no vindeiro mundial.
– Seguimos apoiando ó noso comercio local, ó que tanto lle debemos, a través dos nosos sorteos de vales de compra.
– Estamos traballando para levar a cabo un torneo de base, que poida atraer rapaces e pais á vila, tamén en recuperar o torneo de veteráns, que xa nos pediron varias veces que voltase, e que fose o referente que era antes da pandemia.
– Preparando xa o Torneo en recordo a Pablo Herbello, do que se cumplirán 10 anos do seu falecemento, pero tamén queremos recordar a outro rapaz a Marcos Fandiño que tamén se foi antes de tempo.
– Un proxecto ambicioso e que vos lanzamos. Queremos completar a estructura do feminino co equipo Senior, así que toda a que esté interesada en xogar, que vaia anotando.
Pero todo isto son proxectos de futuro, e de futuro e sobre todo de presente son tódolos rapaces e rapazas que están aquí á porta esperando a saudarvos e a recibir o voso aplauso, así que imos a darlles paso:

PRESENTACIÓN DE EQUIPOS
Benxamíns:
- 4Quatro Formación (femenino)



- Maco Electricidade (masculino)



Alevíns:
- Muebles del Río (femenino)



- Son Rías Baixas (masculino)


Infantil:
- Lapamán Área de Servicio (femenino)



- Supermercado Camar (masculino)



Cadete:
- Padthaiwok (femenino)



- ServiAuto (masculino)



Xuvenil:
- Socaire Arquitectos (masculino)


Senior:
- Pavimentos Rias Baixas (2ª Autonómica)



- Bueu Atlético Balonmán (1ª Nacional)


HOMENAXE Ó SOCIO MÁIS VETERÁN DO CLUBE
Creo que non me equivoco, se digo que é único socio que ten o seu asento sempre reservado e disponible. Sempre foi un apoio constante co seu alento xornada tras xornada. A súa filla e o seu xenro son grandes colaboradores do clube, e dos seus netos son unha gran axuda para nós en diferentes campos de batalla do clube.
Para nós sempre será Manolito, así que imos brindarlle un gran aplauso


