O BUEU ATLÉTICO 23/24 BOTA A ANDAR
Comeza unha nova e ilusionante tempada e os nosos equipos de Nacional con Luis Montes e Jota ós mandos; o Pavimentos Rías Baixas de categoría autonómica do que se encargará Julio (que deixa a pista para encauzar se nos banquillos cos que foron os seus compañeiros o ano pasado) e o Socaire arquitectos de categoría xuvenil, que comandará Nano Martínez, comezaron onte os seus respectivos adestramentos.
Puidemos ver na pista as novas caras do noso primeiro equipo:
– Hugo Pérez, porteiro que chega dende o Cisne de categoría xuvenil.
– Julio Ferreiro, porteiro procedente do Poio Artai de 1ª Autonómica.
– Diego Lluque, que volve á casa procedente do Lavadores de 1ª Nacional.
Primeiras probas físicas para comezar unha nova tempada que comezará o 16 de Setembro en Bueu fronte ó Saeplast Cañiza no caso do equipo de nacional; o 10 de Setembro contra o Bm. Tui no caso do Pavimentos Rías Baixas de autonómica; e o 3 de Setembro o Socaire Arquitectos visitará Lalín na primeira xornada dos play off de clasificación para a Liga Ouro xuvenil.
Todos eles terán os seus compromisos amistosos dos que vos iremos informando.
Xa queda menos para vivir a emoción do balonmán e facer do Pablo Herbello outra caldeira tinguida de azul.
A mellor das sortes para todos eles.
AUPA BUEU!