BUEU ATLÉTICO BALONMÁN: Mauro (5), David, Javi Torres (1), Roque (6), Veloso (4), Rubén, Diego Dios (2), Andrés (10), Samu Couso (4), Alejandro Torres, Kustov, Xosé, Raul Dios, Eloy e Raul Piñeiro.
RODOSA CHAPELA: Rubén (4), Manu (1), Galiano (4), Enrique, David, Camino (2), Carlos Ferreira (1), Kevin, Casal (9), Carlos Fernandez (2), Daniel Fernandez, Pablo Romero (1), Miguel (1), Samuel (2).
INCIDENCIAS: Xornada 18 de 1ª Estatal disputado no Pablo Herbello ante máis de 100 espectadores. Antes do comenzo do partido, fíxose entrega dun agasallo, por parte do Bueu Atlético, a Jose, o bedel do pavillón que se xubilou.
A afección respondeu á chamada do clube para o importante partido que tiñamos por diante e que podía sipor un paso adiante para a permanencia e o equipo agradeceuno, a pesares de que os nosos guerreiros azuis, chegaban coa baixa de Risi, e a última hora a baixa de Brais por Covid, xunto coa de Alberto Garrido, que xa está no final da súa recuperación.
O Bueu tiña claro o plan de partido que pasaba por intensidade, e afinar no lanzamento ante un Kevin, que podía ser clave no Chapela. Anque o Chapela foi o primeiro en marcar, sería a única vez que se poría por diante no electrónico en todo o partido, A igualdade presidiu os primeiros 15 minutos, onde a distancia non ía máis aló dos dous goles, ata o minuto 19 onde a diferencia foi de 5 goles, o que obrigou ó tecnico chapeleiro a solicitar un tempo morto. Rotou moito a primeira liña visitante que non atopaba co botón do éxito ante a intensidade que imprimían os de Bueu na súa defensa, xunto cas paradas de Raul, que fixo que non se botase para nada en falta a Risi. Chegábase ó descanso co resultado de 14-11.
Na reanudación os nosos guerreiros continuaban coa intensidade que lle caraterizaba, e o chapela aguantaba cas paradas de Kevin, e o brazo de Casal. Os chapelereiros optaron por xogar dobre pivote aproveitando a experiencia e a envergadura dos seus pivotes, Rubén e Galiano, na búsqueda de novas solucións, xunto co brazo de Pablo Casal. Raul seguía sumando goles, Roque levaba a batuta e dirixía ós seus con paciencia e lendo moi ben o partido, e cando faltaban 10 minutos a distancia xa era de 8 goles para os de Bueu, que ía facer inútiles os esforzos chapeleiros.
Destacar a actuación de Raul na porta local, os 10 goles de Andrés, e a aportación dos máis cativos: Xosé, Rubén, Raul Piñeiro e Diego Dios, xunto ca incorporación de Alex Torres, que nos vai a dar bos minutos.
O Bueu suma xa 15 puntos que os deixan con 10 puntos de diferencia co Galdar, que marca o descenso.
A vindeira semana o Bueu visitará o Pavillón de As Travesas en Vigo, para enfrontarse ó Forbe Reconquista, 4º clasificado da liga.
Podes ver o partido de novo aquí.