(galego) CONCILIA NADAL 21-22

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

O Bueu Atlético, no seu ámbito de integración e axuda, ven de presentar a seu programa CONCILIA NADAL 21-22, para que as familias que o precisen e os rapaces que o desexen, poidan disfrutar de actividades variadas, e de deporte durante as vacacións do nadal.

 

O campamento, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, terá lugar o seu epicentro no Pavillón Pablo Herbello, pero tamén se farán actividades noutros lugares da nosa contorna, se as condicións climatolóxicas o permiten.

Deportes variados, talleres, manualidades, e moitas sorpresas que vos desvelaremos más adiante… todo dirixido cara os nenos, polos nosos monitores, para que as familias poidan conciliar a súa vida profesional e familiar nesta datas. Poderedes escoller que os nenos acudan só ó campus de deporte de 09:30h a 13:30h, ou engadir o servicio «madruga» (Concilia 1) e o «quedamos contigo» (Concilia 2)

Tedes o formulario de inscripción clicando aquí. Podes deixalo na oficina do clube, no Pavillón Pablo Herbello os días 9 e 10 de Decembro en horario de 18h a 19h, e facer o pago en efectivo, no momento da inscripción.

E o taboleiro de prezos, a continuación.

Bule, que as prazas son limitadas.

TABOLEIRO DE PREZOS