(galego) BUEU ATÉTICO BALONMÁN 29- GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL 29

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

BUEU ATLÉTICO BALONMANO 29: Mauro (1), David Iglesias, Javi Torres (2), Roque (1), Veloso (5), Brais (6), Rubén (1), Andrés (8), Alberto Garrido (1), Risi, Samu Couso, Igos Kustov, Gonzalo Gacía (6), Xosé Paz, Raul Dios e Eloy Malvido.

GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL 29: Iago Suarez, Pablo (1), Xabier (5), Rodrigo, Basante, Brais Fernández, Iván Soage (8), Samuel Barciela (1), Jorge Navarro, Xacob (1), Anxo, Alejandro (7), Ignacio Costas, Iván Fernández, Iago Costas (6) e José Manuel Chao.

Chegaba unha nova xornada ó Pablo Herbello despóis da victoria colleitada en Galdar na fin de semana pasada e coa moral alta, para recibir a un dos equipos considerados da «nosa liga», o Granitos Ibéricos. Un partido que enfrontaría a plantillas moi xóvenes e con estilos de xogo moi parecidos que aveciñaba un partido de máxima igualdade e moi rápido.

Comezou máis enchufado o Granitos, moito máis intenso que o Bueu, con defensas moi asentadas, e con ataque moi ben dirixidos polo seu central Iago, que era quen de desequilibrar a defensa do Bueu, para asistir ós seus compañeiros Xabier e Alejandro que remachaban as xogadas. De ahí viñeron as primeiras vantaxas do Carballal que puxo 3 goles de por medio nos 10 primeiros minutos (4-7).

Os de Moncho lonxe de amilanarse comezaron a subir a intensades, sabedores de que o partido era moi importante para os seus intereses e conseguiron acurtar as distancias e poñerse a un gol, aproveitando unha exclusión dos visitantes. Foi un espellismo, xa que os de Vigo conseguiron poñer un parcial 0-3, que fixo pedir un tempo morto.

A partir de aquí o Bueu foi subindo de nivel pouco a pouco para recuperar a distancia de 4 goles e conseguir aplicar un parcial de 10-3 que fixo chegar ós de Bueu con ventaxa no descanso, tras un arreón defensivo bestial dos guerreiros azuis.

Tralo descanso o Bueu seguíu facendo méritos para levar o partido, mantendo a distancia de 2 goles, a pesares dos arreóns do Carballal, chegando os 10 últimos minutos con 26-24 no electrónico.

4 minutos con un xogador menos do Bueu, polas exclusións de Andrés e Javi, fixeron que o Carballal recuperara a distancia e se puxera por diante no marcados a falta de menos de 5 minutos (27-28). Andrés conseguía igualar, e na seguinte xogada conseguía forzar un penalti que era detido por Brais Fernandez, a máns do noso Brais, Quedaban 2 minutos.

Alejandro conseguía marcar o 28-29 en acción de 1 contra 1, faltaba pouco máis dun minuto. A defensa do Carballal conseguía forzar unha falta en ataque de Mauro, quedaban 50 segundos. O Carballal pediu un tempo morto, para apacar os nervos e para tratar de amarrar os dous puntos. Os árbitros avisaban de pasivo, o lanzamento á desesperada de Iago Costas foi fora, e deixaba ó Bueu con 10 segundos para intentar a machada.. Brais forzou un penalti e foi Roque o que asumiu a responsabilidade e conseguiu o gol do empate co tempo cumplido.

 

PAR-TI-DA-ZO, que podedes ver repetido na nosa canle de Youtube ou premendo aquí