(galego) GRUPO BALONMANO GALDAR 23 – BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 32

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

GRUPO BALONMANO GALDAR 23: Gabriel Quintana, Alberto González (2), Daniel Martín (7), Diego Castellano (1), Jesús Mendoza (5), Jorge Hernández, Carlos Sanchez, Adrían Pascual (6), Saul Rodríguez, Joaquín Molina, Alejandro Godoy (4), Alejandro Castellano, Guillermo (2), Miguel Hernández, Saulo López, Iván Montoya.

 

BUEU ATLÉTICO BALONMANO 32: Mauro (3), David Iglesias, Javi Torres, Roque (1), Veloso (6), Brais (9), Rubén (1), Andrés (8), Alberto Garrido (1), Risi, Samu Couso (2), Igos Kustov, Gonzalo Gacía (1), Eloy Malvido.

 

INCIDENCIAS: Partido disputado no histórico Pavillón Juan Vega Mateos de Galdar.

 

Visitaba o Bueu novamente as Illas Canarias en busca da segunda victoria da tempada, que o alonxara do grupo de cola, e facíao concienciado de que era un partido importantísimo. A empresa era difícil, e chegábase con Eloy e Alberto Garrido tocados para xogar nun histórico pavillón, que no pasado século disfrutaba de competicións europeas co mítico Cadagua Galdar.

O partido era igualado, sen diferencias amplas a defensa dos guerreiros azuis foi medrando pouco a pouco e difucultaba moito a circulación de balón dos canarios que non conseguían a velocidade de xogo que acostumaban. Esas boas defensas, eran certificadas por Risi, que se ía facendo cada vez máis grande, y en ataque conseguíanse bos goles da man de Veloso, en inferioridade, que fixo que o Bueu conseguise irse de dous goles. Chegou o Bueu a irse de 4 goles a falta de 3 minutos, pero un arreon final no final do primeiro acto, por parte dos canarios fixo que o Bueu marchase o vestiario con vantaxe de dous goles.

Na segunda parte foi o porteiro local, con dúas paradas de penalti, o que fixo que os locales recurtaran as distancias e incluso colleran vantaxe de 3 goles, o que fixo que Moncho tivera que solicitar un tempo morto os 10 minutos do segundo acto. O axuste da defensa a 5:1 surtiu efecto, con paradas de Risi e dous goles de Brais e outro de Roque, en 3 minutos, puxeron as táboas no marcador.

A partires de aquí, as distancias nunca foron máis aló de un gol ata que no minuto 20, una exclusión con cartón vermello do xogador local, Guillermo, foi aproveitada por Brais para poner o 20-22 no electrónico. O Galdar optou por xogar sin porteiro na inferioridade, e ahí conseguiu rachar o partido, conseguindo 2 goles a portería baleira e outro gol de Rubén, despóis dunha nova parada de Risi, puxeron os guerreiros azuis con vantaxa de 5 goles a falta de 7 minutos, 20-25.

No tramo final o Bueu castigou os erros de precipitación dos canarios sabedor de que o golaverage pode ser importante nesta tempada, e truxeron os dous puntos e a segunda victoria da tempada para Bueu.

 

A vindeira semana volve o equipo a xogar en no Pablo Herbello no que podemos denimar un partido contra un rival directo, e queremos que volva a ser un fervedoiro, agora que a pandemia remite e xa podemos encher o pavillón. Acude a animar ó teu equipo!

E senón podes acudir ó pavillón, sabes que nos podes seguir pola nosa canle de Youtube.