O Bueu Atlético Balonmán, no seu continuo apoio ó deporte da vila, organiza un torneo os días 1 e 8 de Outubro, para o fomento da actividade física. O torneo está aberto a calquera rapaz en idade Benxamín (nados en 2012-2013-2014) e Alevín (nados en 2010 e 2011) tanto pertencentes ó clube coma para os rapaces que non o están.
Vide a disfrutar dunha tarde diferente.
Vena disfrutar do deporte.
Trae os teus amigos, podes inscribir varios rapaces que formen un equipo, e senón faremos que poidas xogar co resto de inscritos.
ANIMA ÓS TEUS AMIGOS. VEN A PROBAR Ó BALONMÁN