(galego) VITALDENT CIUDAD DE GRAN CANARIA 28- BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 36

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

VITALDENT CIUDAD DE GRAN CANARIA  28:Francisco Gonzalez, Lois Perez (3), Abdel el Maymouni (2), Rubén Afonso, Daniel Martín (6), Michael Martinez, Ricardo Santana (1), Carlos Sánchez , José María Castro (3), Abrham Fernandez (2), David Curbelo (1), Álvaro Caramés (1), Airam Torres  (3), Samuel Gonzalez (4), Erik Chihcilla, Alby Rosales(2).

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 36: Mauro (4), David Iglesias (1),Roque(1),  Carlos Veloso (4), Carlos Martinez (4), Brais (3), Josiño (7), Andrés (8), Abel (1), Carlos Meira (1), Edu Alonso, Risi, Samu Couso, Eloy Malvido (2).

INCIDENCIAS: Derradeira xornada da primeira nacional masculina, disputado en el polideportivo de Vecindario. Árbitros: Victor Rodriguez y Jose Carlos Palenzuela.

Viaxaban os guerreiros azuis, novamente a Canarias, para disputar a derradeira xornada desta tempada e poñer o broche final cunha victoria.

O partido comezou con moitísima igualdade, a pesares de que na primeira metade do primiero acto o Vecindario chegou a xogar en catro ocasións cun xogador menos. A dificultade tamén viña polas condicións da pista, que debido as inclemencias meteorolóxicas de moito vento nas illas, facía que a calima estivese presente na pista, e dificultase os cambios de dirección e de ritmos, que en moitas ocasións remataba cos xogadores no chan e con imprecisións nos pases.

Foi no minuto 19, cando Josiño poñía por diante ós de Bueu, posición que xa non perdería no resto do partido. Sucedíanse boas accións defensivas e as paradas de Edu, que permitiron que o Bueu se puidese ir ó descanso cun 13-17 no electrónico.

Na segunda parte, o Bueu aplicou o rodillo, e cun parcial de 3-6, rachou o partido, o que lle permitiu a Moncho distribuir máis minutos, e que todo o mundo puidera marchar co seu gol deste partido e co Francotirador Josiño, coronándose coma o máximo goleador da categoría e con Andrés no TOP 10 dos máximos artilleiros do grupo A. Noraboa rapaces!

Broche de ouro a unha tempada atípica, pero moi brillante por parte dos nosos guerreiros azuis que estiveron pelexando case ata o final por un posto no vagón de cabeza, rematando finalmente nun máis que meritorio 5º posto.

Esperamos que as condicións melloren para poder disfrutar ó máximo destes rapaces na vindeira tempada.

Aproveitamos para desexarlle a mellor das sortes a Calvo Xiria e Gourmet Ampate Lanzarote nas suas respectivas fases de ascenso.

Rastko.