(galego) BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 27 – MAGOPE SEIS DO NADAL-COIA 27

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 27: Mauro (6), David Iglesias,Roque(2),  Carlos Veloso (2), Carlos Martinez (4), Brais (2), Martín Iglesias,  Josiño (6), Andrés (5), Abel, Carlos Meira, Edu Alonso, Risi, Samu Couso, Xosé Paz, Eloy Malvido.

MAGOPE SEIS DO NADAL-COIA 27: Santiago Iglesias, Marcos Domínguez, Xurxo Rivas (4), Xabier Soutullo, Andrea Pichel, Adrián Leirós (3), Yago Santomé (5), Diego Rivas, Bruno Cela (5), Victor Doval, Guillermo rial (4), Samuel Couto, Abrahám Alonso (3), Jorge Gayo (1), Martín Rial (2)

INCIDENCIAS: Xornada 29 de 1ª Nacional, disputado no Pablo Herbello de Bueu. Árbitras do colexio asturiano: Pablo Castellanos e Santiago Piñera.

Derradeira xornada de balonmán de Primeira Nacional no Pablo Herbello, para pechar unha tempada incrible dos nosos guerreiros e desta vez visitábanos o Sedona de Coia. Unha equipo coa mesma filosofía de xogo que o Bueu, co que o espectáculo, as boas defensas e a velocidade estaban garantidas. O Bueu chegaba con Josiño ainda tocado anque con posibilidade de que Roque xa puidera dispoñer dos seus primeiros minutos trala lesión; para o que sería o terceiro partido a disputar nunha semana.

Comezou o partido comandado polo Sedona, que foi quen de poñer xa o 0-3 no marcador nos primeiros 5 minutos comandado por un Guillermo Rial que estaba a dar toda unha lección de xogo no 1×1 e no 2×2 co pivote, sendo un auténtico problema para a defensa de Bueu. O porteiro rival, Victor era o encargado de parar as embestidas locais e non foi ata o minuto seis e medio cando Mauro puido estrear o marcador.

O Sedona seguiu comandando o marcador durante toda a primeira parte, onde Guille Rial seguía a ser un pesadelo e o catalizador do xogo do equipo de Coia, asistindo ós seus compañeiros. O Bueu non estaba cómodo en defensa, e non atopaba a fuidez sufieciente para aplicar o ritmo de ataque ó que nos ten acostumados. Proba delo é o tempo morto que tivo que solicitar Moncho a falta de 10 minutos para o descanso e cun 6-9 no electrónico.

Á volta do tempor morto, e tras os cambios de efectivos, o Bueu conseguiu cambiar a cara ó partido e chegou a situarse a 1 gol aproveitando as situacións de superioridade numérica polas exclusións do cadro de Coia 9-10, e cun penalti que errou o francotirador Josiño. O Sedona seguiu fiel ó seu estilo e conseguiu estirar o marcador ata o 11-13 ó descanso tras un tanto de belísima factura do Sedona no derradeiro suspiro.

No segundo acto, duas exclusións moi tempraneiras ó cadro local fixeron que o Sedona collera renta de 5 goles 11-16 no minuto dous e medio, poñendo o partido costa arriba. Pero o #Coraxealéndomar tiña que facer acto de presencia. Edu comezou a levantar un muro na portería. A defensa foi de menos a máis dificultando cada vez mais os ataques do Sedona e o Bueu aplicou un parcial de 9-3 para poñerse por primiera vez diante no electrónico, obrigando ó técnico visitante a solicitar un tempo morto mediada a segunda metade. Comezaba un partido novo, e o público do pavillón xa entrara en calor e non deixaba de animar e axudar ós seus.

O Bueu xa atopaba o seu ritmo, a fluidez, non conseguía conectar co pivote coma en otras ocasións, pero si chegaba os balóns ó extremo con espacio para os lanzamentos. Edu seguía sumando paradas no cadro local e Victor no visitante, as alternativas no marcador eran continuas e o ritmo de xogo «infernal». A falta de 5 minutos o marcador reflexaba un 24-24.

Un penalti moi discutido nunha colgada cara o extremo esquerdo do Sedona, Adrían, foi convertido en gol por Guille. Na acción seguinte Roque convertía o gol, e pedíronse os dous minutos ó seu defensor polo claro empurrón sobre o xogador, que non foron concedidos polos colexiados. Quedaba minuto e medio e o Bueu comanadaba o electrónico cun 26-25. O Sedona foi quen de empatar despois do tempo morto solicitado polo seu adestrador. Josiño convertiría un golazo dende o extremo á escadra longa do porteiro e acto seguido Yago convertiría un latigazo dende 10 metros para conseguir o empate final. Ainda habería tempo para un ataque para cada equipo que se encargarían Victor, o porteiro do Sedona, e a defensa do Bueu de que non remataran na rede.

Partidazo o vivido, e espectacular o ambiente vivido no pavillón cunha afección entregada ó seu equipo e demostrando o agradacemento ó equipo por unha tempada descomunal dos guerreiros azuis que rematarán na parte media alta da táboa.

Queda unha xornada para rematar, unha xornada na que os nosos guerreiros desplazaranse novamente a Canarias, para enfrontarse ó Vecindario e que poderedes seguir o vindeiro día 22 de Maio as 19h e clickando aquí para seguilo polo streaming do Club Balonmano Vecindario. Unha derradera xornada para saber se finalmente seremos sextos ou sétimos na táboa clasificatoria, e unha derradeira xornada na que o noso francotirador Josiño pode coronarse coma máximo goleador da categoría, encabezándoa agora mesmo con254, con 9 goles de diferencia sobre Marc Lopez do Handbol Terrassa do grupo D que ten 245.

Unha tempada para estar orgullosos do noso #Coraxealéndomar.

Rastko.