(galego) BALONMANO TEJINA – BUEU ATLÉTICO BALONMÁN

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

BALONMANO TEJINA: Ángel Martín, Adrián González, Cristopher Marrero (8), Amit Vashedev, Guillermo Navarro (1), Victor Manuel Oliva (12), Alejandro Castro (2), Jose A. Rubio (8), Alonso Correa (3), Daniel Bensa, Enrique Padrón, Lionel Chinea.

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 34: Mauro (1), David Iglesias,Roque,  Carlos Veloso (6), Carlos Martinez (3), Brais (6),  Josiño (3), Andrés (3), Abel (3), Carlos Meira (4), Edu Alonso, Risi, Samu Couso, Eloy Malvido (2).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á Xornada 1, aprazado por mor da pandemia.

Sin tempo a descansar, o Bueu disputaba o segundo partido en 24 horas, e cun desplazamento a Canarias por medio, para disputar o partido aprazado no seu momento por mor da pandemia, e que o TAD obligou a xogar despóis de levantar a multa por incomparecencia e anular o resultado de 10-0 para o Tejina.

Os de Bueu saíron fortes, conscientes de que sacar dous puntos neste partido, sería atacar a cuarta praza da clasificación, antes de recibir a próxima semana ó Sedona, que tamén pelexa pola cuarta praza. Boa fé das intencións foi o parcial de 0-5 que imprimiu nos primeiros 5 minutos, cunha defensa que continuaba a intensidade do partido do día anterior. Pero o Tejina, que ten casi lograda a permanencia, sabía que os puntos do partido servirían para certificar a continuidade na categoría e aplicaron un parcial de 8-3 para empatar o partido no minuto 20.

o Bueu erraba moitos lanzamentos, ben por ir directamente fora, ou por paradas do porteiro. Íso unido a dúas exclusións seguidas, moi rigurosas, fixeron que o Tejina se pusexe por primeira vez por diante no marcador con 12-11 e mantivo a vantaxe ata chegar ó descanso co resultado de 14-13.

Á volta dos vestiarios, a igualdade seguía sendo a tónica. Veloso era o que poñia os goles no cadro azul e o porteiro local comezaba a facerse grande. Moncho tiraba de Josiño na segunda parte, para atacar, favorecido de poder xogar no lugar do cambio corto, xa que Josiño acudía con molestias de diversa consideración.+

Xa no minuto 9, o Tejina collía vantaxe de 3 goles co 21-18 no electrónico. Ós 12 minutos do segundo acto, Moncho solicitaba un tempo morto, para dar descanso ós seus e aclarar as ideas.

No minuto 15, a distancia era de 5 goles, Victor Manuel martilleba a portería de Edu, e o porteiro visitante seguía aportando novas paradas, para conseguir distanciarse a pesares de que Veloso seguía sendo un pesadelo para a defensa insular.

A falta de 10 minutos a distancia seguía sendo de 5, 29-24, e o cansanzo acumulado facía mella. Josiño recurtaba de penalti e bueu estaba en superioridade e propuso unha defensa adiantada, sonseguindo recuperar o balón, pero na acción seguinte Carlos Meira estrelaba o balón no poste, no que podía ser o impulso definitivo de remontada.

O Tejina xa xogaba co crono con ataque moi moi longos, ó borde do pasivo. Quedabn 5 minutos e a distancia era de 7 goles. A empresa xa era moi complicada e Moncho reuniu ós seus  para tratar de buscar o derradeiro arreón.

O Tejina propuxo unha defensa mixta sobre Brais, e Veloso optou por coller o seu lugar na primiera liña conseguindo dous goles consecutivos en menos de un minuto, poñendo o electrónico en 32-27 e obrigando ó adestrador local a pedir un tempo morto para ordenar ós seus.

O Bueu puxo todo da sua parte, cunha defensa presionante que rachou moi rápido o Tejina. Na acción seguinte o Bueu consguía unha exclusión e o gol de penalti de Josiño. Aínda quedaba tempo, 3 minutos e 5 goles. Andrés consigue forzar a falta en ataque e marcar no ataque. Edu poñçia o seu gran para a remontada cunha parada e un lanzamento e contrataque que convertía Abel.Xa só quedaban 3 goles e dous minutos. Unha nova recuperación, erro de pase dos guerreiros azuis que saldou Edu cunha nova parada, esta vez nunha contra. Aínda se podía. O porteiro visitante puxo a puntilla cunha parada a lanzamento de Andrés que sería capital para a victoria local chegando ó final co 34-31 no electróico.

Descomunal o esforzo dos nosos guerreiros azuis, que nunca se renderon a pesar de xogar dous partidos en 24 horas, e con 1700 kilómetros entre medias.

O sábado teremos a oportunidade de disfrutar e de render unha gran ovación os nosos guerreiros azuis, no derradeiro partido da tempada, no Pablo Herbello, para poñer o borche de ouro a unha tempada memorable dos nosos rapaces, un equipo xoven e canteirán que plantou cara en todo momento e tódolos partidos da tempada. Lembrade estar atentos a conseguir a vosa entrada, e de non coseguila, seguíde o partido no streaming da nosa canle de Youtube.

Queda o Bueu situado na sétima praza da clasificación a falta de dúas xornadas, e noso pistoleiro Josiño, segue a encabezar a clasificación de máximos artilleiros da Categoría e do balonmán español.

Rastko.