BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 34: Mauro (1), David Iglesias,Roque, Carlos Veloso (4), Carlos Martinez, Brais (6), Martín Iglesias (1), Josiño (9), Andrés (5), Abel, Carlos Meira (4), Edu Alonso, Risi, Samu Couso, Eloy Malvido (4), Raul Piñeiro.
BALONMANO INGENIO 24: Alberto Falcón, Francisco David, Domingo Castro (1), Edgar Socorro (4), Rafael Sanchez (1), Armando Santana (1), Omar Perdomo (2), Roberto Perez, Airam, Javier Sanchez (1), Jon Ander (2), Abián Hernández (10), Sergio Castro (2)
INCIDENCIAS: Xornada 28 de 1ª Nacional, disputado no Pablo Herbello de Bueu. Árbitras do colexio Castelán-leonés: Kalina Veselinova e Beatriz Muñoz.
Penúltimo partido na casa dos nosos guerreiros azuis, que abofé que agradaron ó público do Pablo Herbello cun mágnifico partido de balonmán, moi serio e moi vistoso. Coa boa nova de voltar a ver vestido de corto a Roque, anque por precaución non actuou durante o partido, e con Josiño entre algodóns por molestias físicas, o Bueu enfrontábase ó 4º clasificado o Balonmán Ingenio, que viña disposto a seguir pelexando polo posto de honra da clasificación.
Así impuxeron un ritmo de ataque alto, e unha defensa moi intensa. A igualdade era tónica no electrónico, e os porteiros, Edu no Bueu e Airám no Ingenio, poñían o toque máxico para manter ainda máis a igualdade no electrónico. Abián collia a batuta no ataque insular e Carlos Meira no Bueu, eran os que martillaban as porterías de ambos equipos.
Con 9-8 chegábase ó minuto 15, e ningún dos dous equipos daba o seu brazo a torcer. O espectáclo estaba servido. Tan só a exclusión de Armando Santana chegando ó minuto 20, e o tempo morto posterior de Moncho trala exclusión de Samu Couso, foron os puntos de inflexión que puxeron a balanza de cara do lado azul, que collía ventaxa de 3 goles, mentrás Abián seguí sendo un auténtico problema para os azuis, que tiñan problemas para deter os seus lanzamentos e os seus 1×1. Pero un golazo de Andrés ó borde do pasivo, dous goles de Josiño e outro de Brias, levaron a vantaxe final ó descanso a un 16-11.
Á volta dos vestiarios o bueu tirou de #Coraxealéndomar para sacar máis diferencia. Josiño, na súa loita por seguir sendo o pistoleiro do balonmán, a pesares de estar con molestias, seguía a sumar goles, ata que Moncho decidiu non arriscalo máis e dar entrada no seu lugar ó xuvenil Martín Iglesias, que non se enrrugou e tivo unha actuación moi salientable tanto en ataque, no que forzou un penalti e consiguiu un gol de belísima factura, coma en defensa.
Na metado do segundo tempo a distancia xa era de 9 goles, pero lonxe de optar pola relaxación, os nosos guerreiros optaron por seguir bogando e levar a distancia final incluso a 11 goles, anque o marcador final quedara no 34-24.
Destacable a grandísima defensa desplegada hoxe e moi salientable a actuación do muro pontevedrés Edu Alonso, que rematou o partido con 19 paradas, axudando ós seus compañeiros a deixar os dous puntos na casa e achegar a 4ª praza da clasificación máis preto.
Lonxe de poder descansar o equipo, prepara as maletas para o segundo partido en 24 horas con desplazamento ás illas incluido, para enfrontarse ó Tejina La Laguna, en partido aprazado da primeira xornada pola pandemia, e que o TAD obrigou a xogar tras levantar a multa imposta pola RFEBM ó Bueu, por incomparecencia.
A vindeira semana, será a derradeira para disfrutar do noso equipo e brindarlle a mellor das homenaxes a estes guerreiros que tantas alegrías nos deron esta tempada e que abofé que nos darán máis. Acudide ó pavillón, estade atentos para non perder a vosa entrada, e senón podedes, seguide o streaming na canle de Youtube do clube.
Rastko.