(galego) GOURMET AMPATE LANZAROTE 31- BUEU ATLETICO BALONMÁN 26

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

GOURMET AMPATE LANZAROTE 31: Rafael Robayna (2), Joel Peraza, Joel Armas (1), Acoidán (2), Luis Morín, Roberto Molina, Pablo Rodriguez (6), Carmelo Álvarez (2), Pedro Cabrera (2), Javi Santana, Alexis Rodriguez (1), Cristian, Antonio Llopis (6), Doder, Mikita Bence (2) y Mikita Liavanou (7)

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 26: Mauro (2), David Iglesias, Carlos Veloso (3), Carlos Martinez (1), Brais (3), Josiño (11), Andrés (6), Abel, Carlos Meira, Edu Alonso, Risi, Samu Couso, Eloy Malvido

INCIDENCIAS: Xornada 27 disputada no Pavillón Titerroy de Arrecife.

Viaxaban os nosos guerreiros azuis ó seu primeiro partido desta chamada xira Canaria na que se enfrontará en 15 días a 3 equipos canarios nas illas. Chegaban coas baixas xa coñecidas de Roque e Igor, para enfrontarse a un equipo que está pelexando por meterse na fase de ascenso a DHP, e que xa perdera no Pablo Herbello na primiera volta. Un equipo pragado de xogadores con ampla experiencia en categorías superiore coma Javi Santana, Doder, Llopis, Alexis Rodriguez, e cun lateral esquerdo poderosísimo coma Mikita Liavonau

Ataques longos, coa profundidade do «un pase máis» facían que o balón chegase á segunda liña do ataque que era o que canalizaba os goles dos guerreiros azuis. Andrés, Josiño e Veloso eran quen poñían os goles.Igualdade máxima, tal e como reflexaba xa no minuto 10 o electrónico con 5-5. Andrés conseguía roubar un balón, pero a veterania de Santana atallaba o lanzamento na contra..

As boas defensas dos de Bueu, non conseguían parar os ataques dos Lanzaroteños moi incisivos no seu lado esquerdo do ataque cos Mikita, sendo terriblemente incisivos, mentras o ataque dos de Bueu, era freado por Javi Santana. No minuto 15, Moncho decidiu solicitar tempo morto, cando o Gourmet Ampate, tomou vantaxe de dous goles 9-7.

A volta do tempo morto, seguían os problemas para penetrar a veterana defensa do Lanzarote, que incorporou nas últimas xornadas ó ex do Frigoríficos Tihomir Doder, para esa faceta defensiva. A vantaxe foise os 5 goles, ata que Veloso conseguíu perforar a portería de Javi Santana e poñer o 12-8. Risi fixo duas paradas seguidas e na transición de ataque, Carlos Meira non puido de novo con Javi, que seguía sumando accións acertadas, e demostrando que o que tivo, retivo.

Os de Lanzarote sumaban veteranía metendo a Alexis Rodriguez no campo, e Llopis era o encargado de martillar a portería de Risi e deixar claro que queren loitar pola praza que queda libre para xogar a fase de ascenso, despóis de que onteo conseguise o Xiria a súa. Josiño erraba un lanzamento de 7 metros a falta de 5 minutos e con 13-8 no marcador. Sucedíanse grandes defesas dos nosos con ataque sen froito, que se perdían por erros de pase ou petaban no porteiro rival que producían contras sixelas para os lanzaroteños. Así chegábase ó descanso con 18-9 no electrónico. Tocaba tirar de épica e #coraxealéndomar.

A volta dos vestiarios, a defensa 5:1 plantexada por Moncho dou o primiero roubo de balón, e a contra convertida por Josiño, Edu detía un penalti a Llopis, trala exclusión de Mauro. Os erros en ataque sucedíanse e eran aproveitados polo Lanzarote para ampliar as distnacias. Brais conseguía unha boa penetración e poía o 20-12, rápidamente contestado polos canarios que seguían rápidos en e sobrios no ataque sabendo que os puntos non podía escapar das illas, coñecedores do resultado do Chapela o día anterior.

Nos minutos seguintes, tanto Javi Santana coma o noso muro pontevedrés, Edu Alonso, pecharon as suas caixas e non permitiron goles nin dun lado nin do outro. Mikita Liavanou rachaba cun lanzamento exterior terrible, e Josiño con dous penaltis, eran quen de marcar e deixar o luminoso do pavillón Titerroy en 24-15 no minuto 12 do segundo acto. As defensas dos guerrieros azuis eran moi boas, os lanzamentos lanzaroteños, chegaban sempre con aviso de pasivo e no derradeiro pase.

A partires de aquí intercambio de goles foi con goles de moi bela factura, a relaxación nos lanzaroteños ía aparecendo e Edu xeguía empeñado en deixar a súa porta pechada, proba delo foi o achegamento dos nosos 28-23 a falta de menos de 8 minutos, apoiado nesas paradas de Edu e as rápidas transicións rematadas por Josiño e Andrés. O xa famoso #Coraxealéndomar continuaba e o adestrador local non tivo máis remedio que parar a embestida dos de Bueu a falta de pouco máis de 6 minutos e cun 28-24 no marcador. O parcial de 2-7 metíalles o medo no corpo ós canarios.

Mikita Liavonau, poía a tranquilidade cun penalti convertido trala exclusión de Josiño, discutida. O Bueu perdía o balón en ataque, e Pablo Rodriguez poía a distancia en 6 goles. Un «languetazo» de Brais á escuadra recurtaba a distancia, pero quedaba pouco tempo a pesares de que Edu seguía empeñado en deixar a súa porta a cero nese tempo que restaba; eran 4 goles e 2 minutos.

Dous puntos, que non puideron vir para Bueu ante un rival que está a demostrar que quere chegar á fase de ascenso e deixando ó Bueu na sexta plaza do taboleiro.

A vindeira semana volve o balonmán ó Pablo Herbello para a disputa do Bueu Atlético – Bm Ingenio. Estade atendos para conseguir a vosa entrada, xa que será o penúltimo partido na casa desta fantástica tempada. Coma sempre poderedes seguilo na nosa canle de Youtube. Suscribídeos para poder seguir mellorando nas retransmisións.

Rastko.