(galego) GESCOLOR BUEU ATLETICO 22 – SD. TEUCRO AYF CORREDURIA 27

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

GESCOLOR BUEU ATLETICO 22: Marta (9), Lucía, Naiara (4), Diana, Laura, Sara, Susana (3), Andre, Sonia (1), Lucía Louzao (2), María, Alejandra (2) y Alba (1).

SD. TEUCRO AYF CORREDURIA 27: Nerea Alonso, Miriam Blanco, Nerea Camiña (1), Lucía Vidal, Ana Fernandez (12), Natalia Romero (3), Iria Gonzalez (3), Paula Baltasar (1), Sabela García (3), Belén Troitiño (4), Alba Piñeiro.

Escaparon os puntos do feudo azul cara a Pontevedra, nun partido que comezou marcado polo estirón dos de Teucro nos primeiros minutos da mán de Belén a dificultade para defender os seus 1×1 que xa poía o 1-3 ó pouco de comezar; a ísto tívose que unir ter que xogar por duas veces, con duas xogadoras menos no campo, por sendas exclusións, algunha delas discutida. Ainda así as rapazas de Marcos, non se amilanaron e tiraron de coraxe para non perder, ningún dos parciais con inferioridade e chegando á pausa regulamentaria dos 15 minutos con 5-6 no electrónico.

O Bueu conseguiu axustar a súa defensa, e roubar balóns, pero ó chegar diante a da portería, topaban con Nerea Alonso, a porteira do Teucor que conseguía frenar os seus lanzamentos. Naiara era que tomaba a batuta goleadora no bando azul, moi lista en defensa, anticipándose  ó ataque pontevedrés para levar ás de Bueu a poñer o 10-7. Antes do descando Marcos, sería expulsado polo colexiado ante a sorpresa do público asistente e chegábase ó descanso con 10-11.

Á volta dos vestiarios, a adestradora pontevedresa apostou por xogar en ataque con dobre pivote, e abofé que acertou coa tecla gañadora. O Teucro comezou a conectar co pivote con acerto, e a conseguir superioridades no exterior motivados en gran medida polos desequilibrios conseguidos nos cambios de opoñente. Marta tomaba o mando ofensivo nas de Bueu, pero non foi abondo para restar a diferencia que cada vez ía poñendo de por medio o Teucro, apoiada nas paradas da súa porteira Nerea.

A pesares da derrota, hai que aplaudir a coraxe destas rapazas, que recordamos, que son todas recén saídas de xuveniles, e algunhas son xuveniles.

Ánimo rapazas.

Podedes ver a repetición do partido na nosa canle de Youtube.

Rastko.