(galego) BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 32 – BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA 27

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

BUEU ATLETICO BALONMAN 32: Mauro (1), David Iglesias,  Carlos Veloso ( 4), Carlos Martínez (2), Brais (2), Martín iglesias, Josiño (11), Andrés (3), Abel (1), Carlos Meira (4), Edu Alonso, Risi, Samu Couso,  Xosé Paz, Eloy Malvido, Raul Piñeiro

BALONMÁN SAEPLAST CAÑIZA 27: Pablo Gonzalez (1), Martín Davila (6), Adrián Lusquiños, Marcos Carrera, Carlos Rodriguez, Pablo Martinez (4), Saul Candan (1), Inigo Silva (2), Miguel Guedes, David Costa, Eloy Molanes (3), Xosé Canedo (2), Jesús Lago, Miguel Couñago, Javier Bernardez (6)

INCIDENCIAS: Xornada 24 de Primeira Nacional, disputado no Pavillón Pablo Herbello Novas de Bueu, con preto de 100 espectadores. Exlusións: Carlos, Veloso, Brais, Abel, Samu Couso e Andrés (2) polos locais, Martín Davila, Carlos Rodríguez, David Costa e Iñigo Silva (2),. Xosé Canedo Descalificado, polos visitantes.

Voltaba o balonmán a Bueu tralo parón de Semana Santa, e facíao cun PARTIDAZO, nun enfrontamento entre dous equipos de igual filosofía de xogo, nun partido calificado de PARTIDO DE INFARTO, pola velocidade e o parello dos equipos. Chegaba o Saeplast Cañiza cos mesmo puntos que o Bueu na clasificación, antes de saber que o TAD fallaba a favor do Bueu Atlético sobre o recurso interposto polo Gabinete xurídico do clube, ante a multa que a RFEBM impuxo ó Bueu pola súa incomparencencia no partido que debía disputarse ante o Tejina La Laguna, ó non dar o plazo establecido ó Bueu, para poder preparar a viaxe en tempos de pandemia, pese a disposición do clube a buscar outras datas alternativas.

O partido anticipaba igualdade e así foi durante gran parte do partido. Anque foi A Cañiza quen estreou o marcador, e foi a única vez que mandou no macador en todo o partido. Transicións moi rápidas por ámbalos dous conxuntos, velocidade infernal e un ritmo moi difícil de poder aguantar salvo para estes dous equipos. Defensas moi activas, de moitas axudas e anque ós 5 minutos o marcador era de 3-1 para os guerreiros azuis, a igualdade era a tónica no parqué do Pablo Herbello, así se denotou no marcador ós 10 minutos que reflectía un 5-4.

O encontro era vibrante e brilante, con accións de gran beleza coma o grándisimo gol de rosca de Martín, que levantou os aplausos do público pola sua beleza.

Risi ía atopando poucoi a pouco o seu sitio e comezou a sumar as primeiras paradas, pero o nivel defensivo dos de A Cañiza era moi alto, dificultando as circulacións de balón dos de Bueu, Chegábase ó minuto 19 con 10-10 no marcador. Momento no que chegou a Tarxeta vermella a Xose Canedo, por un golpe co hombreiro no desprazamento para pechar unha penetración sobre Mauro, que acabou mancado, tendo que sair do pavillón auxiliado polas asistencias médicas. O partido estivo parado por periodo de 15 minutos. O parte médico indica que é un esguince cervical, co que Mauro terá que descansar un bo tempo, e o que lle desexamos unha pronta recuperación.

Na reanudación, Brais tamén se mancou, co que se lle restaban ainda máis efectivos á primeira liña local co que Moncho tirou do xuvenil Raul na dirección do equipo de de Abel. Corria o minuto 23 e o marcador era de 14-13. Unha contra de Josiño, e unha parada de Risi con unha rápida transición por parte de Raul que culminou Carlos Veloso, puxeron a vantaxe de 3 tantos a falta de 5 minutos para o descanso. Descanso co que se chegaría cun Bueu 18 – Cañiza 15.

Na reanudación O Saeplast Cañiza, saleu con forza e conseguiu remontar a desvantaxe e situar un 20-20 no marcador no minuto 6, intre no que Brais volvía a pista e o adestrador do Saeplast, decidiu facer unha defensa individual sobre Brais, tratando de dificultar a circulación de balón, e a toma de decisións dos de Bueu. Duas grandes defensas dos de Bueu fixeron que o Bueu se foran distanciando de 2. Risi seguía sumando paradas e unha nova transición rápida, remataba cun pase a liña de 6 que o Samurai Eloy, remataba para poñer diferencia de 3. Otra parada de Risi que facía xa a sua parada numero 13, propiciaba un novo contrataque que daría a vantaxe de 4 goles, que sería  fatídica para os da Cañiza.

O ritmo seguia sendo de infarto, o que propiciaba que os árbitros tivesen que tomar decisións algunhas discutidas outras drásticas, pero con exclusión para un e outro lado fixo que cando a Cañiza xa perdía de 6 goles, puidera poñerse a 3 goles. O marcador xa sinalaba o 31-26, cando faltaban 6 minutos. Xa se acariciaba a victoria dos guerreiros, que finalmente quedaron en Bueu e poñendo distancia de 2 puntos sobre o Saeplast na clasificación.

A vindeira semana, o equípo desprázase a Ribadavia para enfrontarse ó Carnes do Ribeiro-Ouresnse Provincia Termal.

RASTKO.