(galego) CALVO XIRIA 27 – BUEU ATLETICO BALONMAN 23

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

CALVO XIRIA 27: Antonio Mato, Cristian Canosa (3), Gabriel Castiñeiras, Francisco J. Rey, Daniel Mallo, Hugo Rodriguez (5), Diego Vega (2), Juan Carlos Rodriguez (4), Manuel Méndez, Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (5), Santiago Gómez, Mario Cancela, David Pichel (5), Adrian Losón (2), Eduardo Cousillas (1)

BUEU ATLÉTICO BALONMÁN 23: Mauro, David Iglesias, Carlos Veloso (1), Carlos Martinez (2), Brais (4), Martín Iglesias, Josiño (6), Andrés Bacelar (3), Abel, Carlos Meira (6), Edu Alonso, Risi, Samu Couso (1) Igor, Eloy, Raul Piñeiro

INCIDENCIAS: Xornada 23 disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo, partido con público. Árbitros: Marcos Perez e Pablo Torreiro excluiron a Jorge Bouzas, Pichel e Francisco J. Rey (2) polos locais; David Iglesias e Samu Couso (2) nos visitantes.

Dous partidos totalementes diferentes nun partido. Ese sería o resumo do partido desta xornada no que os nosos guerreiros azuis visitaban a cancha do lider, o Calvo Xiria. Duas partes totalemente distintas tanto para un conxunto coma para outro. Unha primeira parte de claro cor verde local, e unha segunda parte que se tinxiu totalmente azul visitante.

Enfrontábanse dous equipos cunha idea moi clara de balonmán: Defensa e velocidade. O equipo de Carballo consolidado coma lider, con unha das plantillas máis compensada da categoría e con algún xogador que xa ven de categorías superiores, coma Pichel, que lle aporta un plus de calidade. Así o partido comezou con moito ritmo por parte de ambos equipos, con moita velocidade e con Couso perforando dende lonxe a portería visitante para estrear o luminoso e meter en problemas á defensa 5:1 plantexada polo Xiria. Unha exclusión a Couso xunto cunha acción na que se mancaría Carlos Veloso foron os detonantes das primeiras diferencias locáis, que se cimentaban nas rápidas transicións, despóis de varias boas paradas do seu porteiro Iago. As imprecisións e os medos atenazaban ós azuis e fixo que se se chegara ós 10 minutos con marcador de 7-3.

Chegou o primeiro tempo morto de Moncho co 10-6 no marcador, tratando de dar algo de descanso e aire ós seus, pero as imprecisións nos pases e recepcións sucedéronse e xa no minuto 20 o resultado refrexaba un 12-06 que parecía insalvable. Os verdes seguían a martillear e a percutir a meta defendida por un Edu, que sumaba paradas, pero os rexeites apenas caian do lado auzl, co que se convertían en goles do Xiria. No minuto 22 unha doble exlusión dos de Carballo era o oasis no deserto que podería facer que o Bueu recurtara a distancia. E igual que no deserto, o que era un oasis foi un espellismo, máis perdas que se contrarrestaban coas paradas de Edu. Chegábase ó descanso con 15-8 e cun gol sobre a bocina de Carlos Martinez.

Na segunda parte, os de Bueu sacudíronse o medos, apareceron en cancha Andrés e un Risi que foi quen de levantar un muro na portería, e cun Brias sobresainte na dirección e asistencia do seu equipo, os azuis sacaron o xa famoso #Coraxealéndomar, para deixar unha segunda parte que ben paga a pena ver unha e outra vez, e gardar para que mostrar ós máis pequenos o espírito de superación de loita que caracteriza ó Bueu dende hai anos. E é que en Bueu ningúen se rende!

A colaboración de boas defensas, fixo que Risi tivera máis sinxela a súa labor. Transicións rápidas con goles de Brais, Carlos Meira dende a distancia, ataques con moitos pases para chegar a Andrés… fixeron que a vantaxe dos locais chegara tan só os 4 goles no minuto 13 do segundo acto. Os erros en ataque salientábanse con balances defensivos para cortar as contras dos de Carballo.

No minuto 21, e co marcador aínda máis apretado, e cun 22-19 e con inferiodade, unha parada de Risi, dou a oportunidade ós guerreiros azuis de poñerse a 2. O adestrador local, tivo que pedir tempo morto para ordenar ós seus e tras un atque lónguísimo cunha defensa incrible, permite una novo ataque, que esta vez si, o balón acabou na caixa para poñerse a 2 goles a falta de 5 minutos.

Unha discutidísima decisión arbitral a falta de 4 minutos, propiciou unha contra dos de Carballo para poñer a distancia en 4 goles, distancia que non se puido recortar ó remate do encontro.

O equipo non xogará ata dentro de 2 semanas, e o vindeiro día 10 de Abril recibirá ó Saeplast Cañiza, nun duelo pola loita pola 5ª praza.

Estade atentos para conseguir a vosa entrada, a través da web. De todas formas o streaming permitirá que poidades seguir ó noso equipo.

 

Rastko.