MILLAVEN CENTRO JARDIN CP. LUCENSE: Laura Algorri (2), Silvia Albacete, María Gracia de Garnica (5), Alba Puertas (5), Iria Real (2), Isabel Rosinos (8), Alba Ferreira (1), Tania Carrete, Eva Bernárdez (6), Cristina Seijas, Kimberly Lamela (2), Ana López.
GESCOLOR BUEU ATLÉTICO BALONMÁN: Marta Piñeiro (4), Lucía de la Torre (4), Naiara Currás (7), Diana Ogando, Laura Agulla, Sara Soliño, Susan López (1), Andrea Cordeiro, Sonia Loira (1), Alejandra Louzao( 1), Lucía Louzao, María Martínez, Alba Louzao.
INCIDENCIAS: Xornada 1ª da Fase Permanencia (grupo A), disputado no Centro Deportivo Terra de Lugo, con presenza de público nas gradas.. Exclusións: María Gracia, Isabel e Eva por parte local, Alba, Naiara e Susana por parte do Gescolor.
PARCIAL CADA 5 MINUTOS: 4-1, 8-2, 11-3, 16-4, 17-5 19-7, 22-9, 24-11, 26-13, 27-14, 29-16, 31-18.
Retomaba a competición o Gescolor Bueu, nunha nova fase de liga composta soamente de tres xornadas. O rival que tiña enfronte rematou a primeira fase no sexto posto do grupo A, acadando cinco puntos. Semellaba deste xeito que as buenenses poderían disputar o partido ca idea de acadar os puntos en xogo. Mais dende os primeiros minutos o reflectido no pavillón era totalmente distinto, en base a cinco novas fichaxes as lucenses deron un salto cualitativo moi importante para esta parte da liga, pois son xogadoras que teñen participado xa na División de Honra Prata Feminina, cun importante participación nos seus equipos.
O que se puido ver no pavillón foi a un conxunto local que se amosaba superior en todas as fase do xogo, deixando ben ás claras que non permitiría que a vitoria marchase para Bueu. Dende a súa liña defensiva, que impedía a circulación do balón até o seu ataque estático que era moito máis eficaz que a defensa do Bueu. Os primeiros trinta minutos foron un monólogo das lucenses.
Á volta dos vestiarios as rapazas do Gescolor conseguiron mellorar as súas prestacións, mais non o suficiente para tratar de se achegar no electrónico. Un partido que ten moito de formativo para un equipo moi xove e que tivo enfronte un cadro moito máis rodado e curtido en batallas de superior nivel.