(galego) BUEU ATLÉTICO 30 – FORBE RECONQUISTA VIGO 25

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

BUEU ATLETICO BALONMAN 30: Mauro (6), David Iglesias, Carlos Veloso (6), Carlos Martínez (3), Brais (1),  Josiño (10), Abel Diz (2), Carlos Meira , Edu Alonso, Igor, Raul Dios, Eloy, Raul Piñeiro

FORBE RECONQUISTA DE VIGO 25: Mauro Pereira, David Alves (1), Hector Soage (2), Rubén Rodriguez (1), Carlos Fernandez, Jesús Veiga, Cerillo (8), Isidro Fernandez (1), Javier Freijeiro, Diego Prada, David Castiñeira (4), Iago Fernandez, Guillermo (8), Daniel Arcila

INCIDENCIAS: Xornada 22 de Primeira Nacional, disputado no Pavillón Pablo Herbello Novas de Bueu, con público. Exlusións: Mauro, Abel e Eloy polos locais, Isidro (2), Freijeiro, Diego Prada e Daniel Arcila polos visitantes. Gardouse un minuto de silecio polo falecementio da avoa de Carlos Martinez

 

Volvía o balónmán a Bueu, e chegaba o Forbe Reconquista con gañas de facer bo o punto cosechado no derradeiro segundo a semana pasada e levar algún punto do Pablo Herbello. O Bueu viña de perder no derradeiro segundo o partido da semana pasada fronte a SAR e quería resarcirse ante o seu público, para poder seguir mirando cara arriba.

Comezou o Forbe reconquista mandando no marcador durante un bo treito do primiero acto, da man dos goles do seu lateral Guillermo, executando moi ben lanzamentos da distancia e penetracións ó punto feble que metían en problemas a defensa azul, e apoiados na boa actuación do seu porteiro Jesús Veiga, con paradas de moito mérito. Chegábase ó minuto 10 con 4-7 no marcador.

Moncho conseguiu encaixar as pezas da súa defensa, e a intensidade comezou a ser a protagonista. Defensa profunda, impedindo a circulación de balón cómoda do Forbe, e dificultando os lanzamentos de Guillermo que xa non atopaba lanzamentos tan cómodos, seón blocaxes defensivas, lanzamentos con contacto e paradas de Edu que facilitaban as transicións rápidas dos locáis que convertían en gol. Traduciuse isto nun parcial de 6-0 para os locáis co que o adestrador visitante, Jota, tivo que pedir un tempo morto para axustar ós seus. Dende ese momento, o Bueu xa non soltaría o mando do marcador.

Tralo tempo morto os vigueses foron quen de collerlle o pulso ó partido con varias paradas seguidas de Jesús Veiga, que tras un intento de parada nun penlati convertido por Josiño, tivo que deixala pista con molestias musculare nunha perna. Desexámoslle que sexa una lesión o máis leve posible. Tiña que sair Mauro Pereira á pista e o Forbe achegábase no marcador ata poñer o 12-11 no marcador, a falta de 5 minutos para o descanso. Os azuis apretaron os dentes e tras duas boas accións defensivas e paradas de Edu, conseguiron deixar o marcador 16-13 no descanso.

Á volta do descanso os azuis tiñan claro o guión do partido si o querían gañar, intensidade defensiva e velocidade no ataque, e foi o que aplicaron nos 5 primeiro minutos onde aplicaron o rodillo e conseguiron un parcial de 4-1 que poñia a distancia de 6 goles do luminoso. Tardou case 5 minutos o Forbe en conseguir perforar a portería de Edu.

O adestrador visitante buscou variantes e optou por una defensa 5:1 moi profunda sobre o noso central de ataque, Brais. Conseguiu achegarse no marcado a 4 goles con outra variante no ataque, deixando a portería baleira e atacando cun xogador máis; pero a exlcusión de Freijeiro, foi ben aproveitada polo conxunto local para conseguir varias contras que catapultaron ós de Bueu ata un 26-20 a falta de 10 minuto e con goles dende o centro do campo aproveitando o cambio de atacante-porteiro, que tanto risco atinxe.

Os minutos finais seguiron coa mesma tónica, co Forbe querendo achegarse aproveitando as superioridades que lle brindaba xogar sin porteiro e cun xogador máis en ataque. Moncho aproveitou para seguir dándolle minutos os nosos xuvenís e esta vez foron Raul Piñeiro primeiro, tomando o relevo de Samu Couso na primeira liña para darlle continuidade de balón a primeira liña, ante a mixta sobre Brais, e Raul Dios despóis, que sustituiu a un grandísimo Edu (14 paradas) que saltou o parqué para defender o marco de Bueu e aportar o seu gran cunha parada de mérito.

Co 30-25 chegábase ó final, cun Josiño que aportou novamente 10 goles, Veloso que se está a facer o amo da liña dos 6 metros, e que a cada partido está indo a máis, Mauro que aportou garra e goles coas suas penetracións… Dou puntiños que se quedan na casa, e que fan subir o Bueu 2 peldaños na clasificación para situarnos o 5º posto e coa permanencia matemáticamente no peto, e con ansias de seguir sumando para escalar o máis posible na táboa. Mágoa da sanción administrativa de dous puntos, máis o decreto de partido perdido ante Tejina, por incomparecencia, xa que con eses 4 puntos, agora mesmo os nosos guerreiros mariñeiros estarían metidos na pelexa polos postos de ascenso a tan só 4 puntiños do segundo clasificado.

A vindeira semana rendiremos visita á cancha do líder o Calvo Xiria

Sigue Josiño, encanbezando o ranking de goleadores de tódalas categorías do balonmán español, nunha dura loita con Marc Lopez do Handbol Terrasa que ten 180 goles.

 

Podedes volver a ver o partido aquí no canal youtube do Bueu Atlético Balonmán e axudarnos a mellorar, dándolle a suscribir.

 

Rastko.

CLASIFICACIÓN