Crónica SAR PLASTIC OMNIUM – BUEU ATLÉTICO

SAR PLASTIC OMNIUM: Manu Piñeiro (1), David Vazquez, Alex Cernadas, Iago Vidal (7), Francisco Javier Vidal, Angel Perez (2), Javier Rivas, Ivan Vazquez (2), Mateo Arias (11), Lois Lago (2), Daniel Pereira, Alvaro Cameselle

BUEU ATLETICO BALONMAN 28: Mauro (3), David Iglesias(1), Carlos Veloso (2), Carlos Martínez (5), Brais (3), Diego Dios (1), Josiño (10), Andrés, Carlos Meira (2), Edu Alonso, Risi, Samu Couso,  Igor, Eloy e Raul Piñeiro

INCIDENCIAS: Xornada 21 de Primeira Nacional, disputado na Bombonera de Redondela. Exlusións: Alex Cernadas, Francisco Javier Vidal, Javier Rivas por parte da SAR; Mauro, David Iglesias e Samu Couso polo Bueu. Descalificado Andrés.

 

Chegaba o Bueu ó encontro contra a SAR coa baixa de Roque, e con 3 xuvenís no seu plantel: David Juncal, Raul Piñeiro e Diego Dios e con ganas de levar dous puntos que os levase ó 5º posto do taboleiro, despóis do tropezó do SAEPLAST Cañiza, do día anterior.

 

Comezaba o partido con intensidade por parte dos dous equipos, con fortes defensas, e con Edu e o porteiro choqueiro aportando con paradas á igualdade do marcador. Tal foi a igualdade que non se estreou o marcador ata o minuto 2 por parte de Josiño, e non sería ata o minuto 3 e medio, que anotara a SAR.

Unha exclusión dos choqueiros non foi aproveitada polos nosos rapaces e foi gañada pola SAR, unida á exclusión de Couso. Chegábase ó minuto 10 con empate a 4 goles.Varios erros consecutivos de pase e recepción por parte do ataque de Bueu, foron penalizados con goles dos choqueiros, que fixo que Moncho tivera que solicita-lo primeiro tempo morto ós 12 minutos e con 6-4 no marcador.

Os compases seguintes foron de moi boas defensas pero de infortunios en ataque, malas tomas de decisión e coa guinda da sorte esquiva nos rechaces en defensa, facendo que a vantaxe da SAR fora incrementándoseata o 10-4 no minuto 21, no que Diego Dios era quen de rachar coa sequía goleadora e poner o 10-5 no luminoso da Bombonera.

Se pareceía pouco sinxela a machada, houbo que unirlle que no minuto 25 Andrés foi sancionado con cartón vermello tralo impacto do seu brazo na faciana do rival, no intento de blocaxe defensiva. Pero o azuis, lonxe de enrugarse, tiraron de #coraxealendomar e con dúas moi boas acción defensivas rematadas por Josiño á contra, deixaran o marcador ó descanso en 13-10.

Na reanudación 2 goles de Carlos Martinez, apretaron o marcador, para comezar un partido novo e poñer o 13-12 no tanteador. A sorte seguía esquiva ós azuis e as paradas de Edu, rematab case sen esforzo nas mas redondelanas, que conseguían gol, chegándose ó minuto 10 da segunda metado con 18-14 no marcador. Tocaba seguir bogando.

E abofé que o fixeron os nosos guerreiros azuis, comezaron a sucederse boas defensas con transicións rápidas, que comezaron a dar os seus frutos para conseguir chegar ó ecuador da segunda metade co empate a 19 goles. Chegado este punto as alternancias no  marcador foron continuas entre ambos equipos, co que se presumía uns instantes finais de infarto.

Chegaron os derradeiros 5 últimos minutos coa SAR con un gol de vantaxe 26-25. Un gol de Brais, puxo o empate e fixo que o adestrador redondelano solicitara tempo morto a falta de 3 minutos e medio. O erro no 2×2 do ataque redondelán propiciaba que o Bueu tivera balón para adiantarse, e así o aproveitou Carlos Meira; restaban 2 minutos e medio. Unha parada de Edu a falta de 2 minutos poñía os nervos a flor de pel para todos.

Unha  perda de Josiño, subsanado cun roubo de Brais na contra dos redondelanos seguido dun gol anulado por pisando de Josiño, desencadou a tromba dos redondeláns a falta pouco máis dun minuto. Os de Redondela optaron por un ataque longo en busca de conseguir o empate e non permitir que os azuis tiveran oportunidade de marcar o gol da victoria. Lois Lago conseguía o empate a falta de 15 segundos cun lanzamento dende a distancia. Moncho solicitou tempo morto para buscar una xogada que lle dera os 2 puntos para seguir enganchado ó grupo de arriba. A volta do tempo morto, un erro o pase dos nosos acabou na banda, factor que aproveitou a SAR para sacar rápido e conseguir o gol da victoria no derradeiro suspiro do partido.

A vindeira semana, volve o balonmán ó Pavillón Pablo Herbello, os nosos recibirán ó penúltimo  clasificado na táboa o FORBE RECONQUISTA DE VIGO, o sábado 20 de Marzo as 19.00h. Estade atentos a nosa web e as redes sociais para poder conseguir a vosa entrada. Se non podedes, poderedes seguir a retransmisión no nosa canle de Youtube

RASTKO.