(galego) Crónica Bueu Atlético Balonmán – OAR Coruña

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego. For the sake of viewer convenience, the content is shown below in the alternative language. You may click the link to switch the active language.

Bueu Atlético Balonmán – OAR Coruña

BUEU ATLETICO BALONMAN 31: Mauro (2), David Iglesias, Roque (3), Carlos Veloso (3), Carlos Martínez, Brais (6), Martín Iglesias, Josiño (5), Andrés (9), Abel Diz (1), Carlos Meira (1), Edu Alonso, Risi, Igor, Eloy (1)

OAR CORUÑA 29: Javier Pontanilla, Francisco Morettin, Pablo Martinez, Carlos Guisasola, Emanuel Sergio, Diego Piñera, Mario Chan, Daniel Picado, Alejandro Naya, Kevin Dacosta, Alejandro Calvete (3), Luis Fernando Moreno, Nico Cecchini (9), Santiago Lojo, Daniel Mcnamee (2)

INCIDENCIAS: Xornada 18 de Primeira Nacional, disputado no Pavillón Pablo Herbello Novas de Bueu, sen público polas restriccións COVID adoptadas pola Xunta de Galicia. Exlusións: David Iglesias e Andrés polos locais, Francisco Moretti, Carlos Guisasola, Emanuel Sergio (2), Luis Fernando Moreno polos visitantes.

Coraxe alén do mar é o lema deste ano do clube, e coraxe foi o que sacou o equipo un partido que estaba moi costa arriba a falta de 6 minutos para o remate do partido.

Chegaba un novo partido ó Pavillón de Bueu, novamente pechado ós nosos siareiros polas restriccións COVID, e chegaba o OAR Coruña 13º clasificado no taboleiro, a tentar rachar una xeira de derrotas, ante un Bueu que viña de gañar en Vigo ó Lavadores, encadenando a sua 4ª victoria consecutiva.

Comezaba o partido moi igualado, cun OAR moi ben plantado e poñendo en dificultades á defensa local, por medio da súa primeira liña, na que Nico Cecchini demostraba a súa forza no 1×1. Chegábase ós primeiros 5 minutos con empate no marcador. O Bueu pouco a pouco comezou a coller ritmo de ataque e a conseguir goles, con moito traballo e cunha defensa máis mellorada que fixo que os nosos conseguirán marcharse no marcador 8-5.

Neses intres, Josiño erraba o seu segundo penalti da tarde ante Javier Pontanilla. Os nosos encadearon varios ataque con erros de pase, o que fixo que o OAR apretara os dentes e conseguirá goles rápidos, apoiandose no poderoso 1×1 de Nico, e topanado liñas de pase con Alejandro Calvete na liña de 6 metros, que fixeron menguar a diferencia e facer que o OAR Coruña se puxese por diante 9-11, momento do tempo morto de Moncho, para tratar de aclarar ideas.

Á saída to tempo morto, Carlos Meira alonxou un golazo dende 10 metros na escuadra de Javier, aque foi respondido con rapidez polo OAR que seguía machando a portería local, defendida por Edu, despóis de sustituir a un Risi sen fortuna nos seus minutos. A distancia foise ós 3 goles, con Nico facendo daño nos desequilibrios e Emanuel Sergio penetrando entre 1:2 para marcar ou asistir ó extremo dereito Pablo que ata o momento levaba una estadística impecable.

Cambiou Moncho a defensa e puso a Andrés de avanzado da defensa 5:1, tentando de alonxar as embestidas de Nico Cecchini, e puxo as cousas un pouco más difíciles para os coruñeses, anque se chegou ó descanso 15-17.

Á volta do vestiario, o equipo tiña claro que tocaba remar e apretar os dentes para sacar deixar os puntos en Bueu, e así o fixeron. Froito disto o Bueu conseguiu poñer as táboas no marcador, nos 5 primeiros minutos, e facer que o adestrador do cadro coruñés tivese que pedir un tempo morto para frear as embestidas dos azuis. 18-17 foi a marca para que o noso Josiño comezase a marcar, tardou 35 minutos o noso máximo realizador, en poder marcar un gol no partido. Javier tíñalle a medida tomada. Un Javier Pontanila que quixo o seu papel protagonista no partido e pechou a sua portería para poner os seus novamente por diante no marcador no minuto 15 20-23, facendo paradas de moitísimo mérito e espectaculares.

Nese intre, Edu Alonso quixo sumarse á festa dos porteiros e as suas paradas deren folgos para poder recurtar distancias no marcador, parando 2 penaltis seguidos e poñendo o 23-23 no marcador. O OAR cambiou de argumentos no seu ataque Nico colleu os mandos e apoiados en Carlos Guisasola na liña de 6 metros comezaron a facer dano na defensa local. Poñendo o 23-25 no marcador a falta de 11 minutos. Ademáis de non aproveitar as superiodades.

O tempo morto de Moncho, apuntaba á heroica pero o OAR non se ía enrugar, e tiña claro que lle ían poner as cousas moi difíciles ós nosos. Chegábase con 25-28 ós último 6 minutos de encontro.

A entrada de Mauro na pista doulle outro aire ó equipo. Apretou os dentes, e subiu o nivel defensivo, máis pernas, máis dúbidas para os xogadores coruñeses. Edu fíxose moi grande para os coruñeses. A defensa mixta ordenada por Moncho de Andrés sobre Nico, nunha nova superioridade foi a puntilla para os coruñeses que chocaban una e outra vez coa defensa e cun Edu Alonso enorme.

Chegouse ó final do partido coa victoria, trepidente e moi saborosa para os nosos, que souberon apretar os dentes e loitar coma eles saben. Abofé que mais dun siareiro vibrou e berrou as últimas paradas de Edu, e os últimos goles do equipo, durante a retransmisión.

Dous novos puntos, que de non ser polos 2 puntos de sanción e o partido que se lledou por perdido en Canarias segundo o criterio da Federacion (recordamos que o Bueu presentou alegacións que están no TAD), farían que o Bueu estivese agora pelexando pola terceira posición do grupo. De todas formas os nosos están situados na 6ª posición da táboa con 22 puntos.
A vindeira xornada visitaremos o Gatañal para enfrontarnos ó Automanía Luceros, no derbi comarcal.

CLASIFICACIÓN